Suso Vila

@vilabotanes.bsky.social

Historia e Historia da Arte, falando da raia do Minho, os xudeos e cristiáns novos entre Galicia e Portugal, os Soutomaior e a nobreza transfronteiriça e moita micro historia

As pontes contan cun aspecto máxico moi marcado En #Compostela o paseo do Sarela conecta diferentes pontes históricas e ademais a historia dunha bruxa que por aquí traballou en 1930 e que provocou escándalos e medos no barrio do Sarela de Abaixo durante uns meses

Ponte do Sarela, barrio de San Lourenzo. Santiago de Compostela

Hai 90 anos as tropas golpistas bombardeaban #Tui A represión foi brutal A #Alameda foi o escenario das execucións nos meses seguintes Para borrar a memoria dos asasinatos foi transformado nun parque e chamado Calvo Sotelo Hoxe aínda segue a ser un parque, a memoria democrática non foi restaurada

Alameda de Tui en 1906.

Acontece que moita historia local e non tan local está baseada en refritos e especulacións sen revisar as fontes En #Salvaterra de Miño acabo de atopar uns datos fundamentais da súa orixe histórica que non é mencionada nin nos libros publicados xa non digamos na web que o que hai é un despropósito

Salvaterra de Miño, muros exteriores do pazo dos condes.

Hai casas que gardan moitos segredos, a casa do marco do cemiterio, en #Tui abríu as súas portas como cafetería Xunto á igrexa de San Domingos e o río #Miño A finca ten como peche o pasadizo e estacada de 1735 da fortificación da cidade Para a defensa militar pero tamén contra o contrabando

Pasadizo e estacada de 1735, muro posterior da casa do marco xunto á Alameda de Tui, agora unha cafetería baixo as históricas parras dunha propiedade con orixe medieval xunto á marxe do Miño.

Un dos restaurantes máis famosos de Tui ten un nome peculiar O cabalo furado Por erro o asociaron con touradas, pero non ten que ver cun sentido figurado do galego “furar” Miña nai dicía moito cando non gustaba dalgunha comida, qué? Fúrache a barriga? No sentido de magoar ⬇️

Casa dos séculos XVI-XVII na que está o Cabalo Furado, un dos restaurantes máis coñecidos de Tui.

Un perfil "oficial" no Facebook que desde o ano pasado está a divulgar cousas da catedral e os 800 anos Chama a atención que recurra sempre a historiografía do XIX ou xa desfasada, realice unha escolma bastante particular de textos ou datos e en moitas ocasións caia en moitos erros 🤔

Bild

A arquitectura #rococó do Minho ultrapasou as fronteiras a finais do s. XVIII A un lado e outro do río a fronteira non existiría para ver a mesma arte nas igrexas de Tui, Goián, Figueiró, O Rosal, Caminha, Valença, Arcos de Valdevez, Cerveira,... Un exemplo dun territorio común

Santuario do Senhor do Socorro, Labruja, Ponte de Lima.

A RAG sacou novo nomenclátor e en #Tui dous nomes de parroquia mudaron Pesegueiro e Caldelas de Miño As dúas cun interesante patrimonio e unha singular conexión histórica que se remonta a comezos do s. XIV, na loita dos Castro contra o bispo de Tui e un couto que era da filla dun rei

Ponte do Bispo, Pesegueiro, Tui.

Un prelado do s. XIV Electo arcebispo, bispo de dúas sedes Testemuña privilexiada dos feitos de fr. Berenguel no que é maltratado e humillado en varias ocasións Está na Rocha Forte nese día especial Deixa unha obra artística notabel: o mellor sepulcro da catedral de #Tui Un bispo esquecido 🤐

Man dun prelado do século XIV, catedral de Tui.

No programa de hoxe da SER Baixo Miño vou falar da Revolución de 1846 César Caramés está a desenvolver un traballo extraordinario para nos descubrir aspectos esquecidos da revolución galega No meu caso centrarei o programa na comarca e a fronteira lembrando o artigo que escribín en 2014 sobre o tema

Homenaxe aos mártires de Carral en 1931.

Falaba estos días en varias radios sobre o aniversario da Ponte entre #Tui e #Valença En 1874 Valença e Tui xuntábanse nunha comisión para demandar aos seus respectivos estados a construción dunha ponte sobre o #Minho En 1879 xa estaría o proxecto de Pelayo Mancebo cadenaser.com/galicia/2026...

El primer puente internacional sobre el río Miño cumple 140 años

Tui y Valença celebran la conmemoración soltando 250 palomas | Cadena SER

cadenaser.com

A figura da raíña #Urraca é excepcional Nunhas circuntancias moi complexas conseguíu dominar as diferentes forzas centrífugas do seu reino No #Minho o seu protagonismo foi especial e ficou en feitos como a catedral de #Tui en 1095, o asedio de #Sobroso en 1116 ou a batalla naval do Minho en 1121

A raíña Urraca de león representada no Tumbo A da catedral de Santiago.

#8M No século XIX Vesteiro Torres falaba sobre os cantares das campesiñas da Veiga de #Tui, podemos imaxinar a esas mulleres cantar nos duros traballos do campo e en tantos outros A muller sempre traballou, en todos os espazos, outra cousa é a discriminación salarial, inxustiza que segue a presente

Campesiñas traballando no Baixo Miño, ca. 1950, Juan Vila Botanes.

O pazo e torre de Giela en #Arcos de Valdevez, é aínda a mostra do poder que Fernán Eanes de #Limia obtivo en 1398 por apoiar ao rei João I na conquista de #Toronho Un nobre que pasou do exilio por apoiar ao rei Pedro I de Castilla a reiniciar unha liñaxe con prestixio no Portugal do século XV

Pazo e torre de Giela, Arcos de Valdevez, foto João São Romão, 1906.

O asedio de #Valença en 1837 foi moi duro Durante 45 días a vila sería bombardeada, a Revolta dos Marechais tería unha factura moi alta e nos anos seguintes obrigaría a unha completa renovación urbana A resistencia de Valença foi posibel polos mantementos que chegaban de #Tui polo río

Praza do Hospital, Valença do Minho, as casas das rúas próximas ás portas da Gaviarra sufrirían as peores consecuencias do bombardeo entre o 24 de xullo e o 6 de setembro de 1837.

Mañá falarei dunha dunha familia: os Maceira deputados, senadores, alcaldes, bispos e abadesas, en poucas décadas contaron cun enorme poder económico e político no sur de Galicia Van ser a ferramenta dos ingleses para apoiar #Valença no duro asedio de 1837 e de aí o seu ascenso político

Postal de #Tui ca. 1900 coa ponte do Tripes e a ponte Mañoco. A maior casa do arrabalde de Freanxo era a dos Maceira coas súas galerías e xardín deturpado pola estrada á Ponte Internacional en 1896.

Seleccionando fotografías e descartando outras, o número é tan elevado de xoias que o libro vai ser complicado de manexar Claro está se o libro vai interesar a alguén porque sen ánimos e sen apoios nestes momentos vexo difícil prosperar nesta empresa 🙄 #JuanVila #fotografía

Familia do Baixo Miño, ca. 1950. Arquivo Juan Vila.

Falaba hoxe na radio de San Xulián e a súa capela no monte Aloia A primeira mención que temos é no privilexio de #Tui de 1095 non que se falan das reliquias do mártir e de que alí estivo a cidade antigamente Debemos vencellar a capela e a gran fortaleza do Aloia, a maior do NO ibérico ⬇️

Capela de San Xulián, Monte Aloia, #Tui.