Youtubeiras+

@youtubeiras.gal

📲 Iniciativa para a promoción do talento en galego nas redes. ✨ 9ª edición. 🔗 linktr.ee/Youtubeiras

Coa referencia da reportaxe de elDiario.es, quixemos levar a cabo unha investigación para comprobar se as persoas influenciadoras en galego tamén tiñan grandes fortunas ocultas. O que descubrimos sorprenderache! 😱🤯

A nosa proposta de deseños para os novos billetes de euro: iconas das redes sociais en galego! 💶 Esperamos que o Banco Central Europeo os valore... Ou deberiamos crear un país propio para utilizalos como moeda? 🤔

Non importa o tristes que esteamos, que abrimos o móbil e aparecen ✨ elas ✨. A rede en galego é ben linda! E iso que aquí faltan moitas caras 🫣

Relatos eróticos, novas, libros electrónicos e máis en galego na Internet dos 90! Pensamos que a rede en galego é moi nova, mais ten xa 30 anos. En Youtubeiras+ queremos coñecer a súa historia, axúdasnos? Para saber máis sobre Vieiros, hai información no xornal @praza.gal e na Galipedia.

🩰 Teñen moito ritmo as nosas persoas premiadas! Haxa ou non haxa vídeos, nas redes sociais calquera cousa é posíbel (tamén en galego). Sobre todo coas fotos de La Diapo 🥸

Medio cheo ou medio baleiro? As respostas recollidas nesta publicación son ficticias e calquera semellanza coa realidade é pura coincidencia 🫣 Esta tendencia do vaso aprendémola de Prado Rua 💖 E ti, como o ves?

Feliz día do Orgullo Friki, en galego! 🤓 Videoxogos, cine, manga, dobraxes e Pokémon. No noso idioma tamén podes ter orgullo de ser friki con… Abrimos fío 👇

Así soaría un algoritmo galego alborotado 💃 Esta peza de Russ foi composta para a IX gala do noso certame, con fragmentos de persoas que foran finalistas. Hai algunhas frases xa ben icónicas no medio 🤭 Recoñeces alguén? Déixao nos comentarios! 💬

Que lle dirías ao algoritmo se o tiveses diante? Preguntamos a súa opinión aos proxectos gañadores e algúns mesmo coincidiron nas respostas. Téndelas neste fío para rexoubardes 👀

QUE LLE DIRÍAS AO ALGORITMO SE O TIVESES DIANTE?

es gañadories responden

Unha polémica coa do Chinto? Como?? 🥲 Esta é a segunda parte do vídeo en que fixemos xogar ao noso xurado. Non nos responsabilizamos das inimizades e amores que traia! E ti con quen casarías, irías de viaxe, tomaríaslle unha e terías unha polémica? 😈

A quen lle darías ti un premio Youtubeiras+? 🫵 Preguntamos a súa opinión aos proxectos gañadores deste ano e fixeron moitas recomendacións. Téndelas neste fío para descubrirdes outros perfís que crean en galego nas redes 👇🧵

A quen lle darías ti un premio Youtubeiras+? Es gañadories responden (aparecen uns gatiños con medallas para ilustrar)

Queres descubrir proxectos en galego nas redes? 🫣 O xurado quixo destacar algúns que non coñecía mais que a partir de agora van seguir. Saíu xente ben talentosa! 💖 Descubre os nomes neste vídeo:

GALERÍA DA GALA - Vol. 8 A gran festa de Youtubeiras+ concluíu xa sen nervios, mais con rexoubas e comunidade. As persoas gañadoras, finalistas e acompañantes puideron gozar dos petiscos de Albahaca 💖 Algunhas non se decataron de que estaban a ser cachadas polo noso fotógrafo, La Diapo 👀

Plano xenérico, moita xente nos petiscosAlgunha comida rica feita por AlbahacaXente da comunidade rexoubandoO espazo cheo de xente a petiscar

GALERÍA DA GALA - Vol. 7 Quen gañou Youtubeiras+ nesta edición? Neste fío, alén de verlles as caras brillando, tamén etiquetamos os seus proxectos para que poidas axexalos 🫣 Moitos parabéns a todas as persoas que recibistes algún galardón 💖

Persoas gañadoras de Youtubeiras+ no escenario da gala

GALERÍA DA GALA - Vol. 6 Non podiamos imaxinar un mellor equipo para a IX gala de Youtubeiras+! 🥹 Moitas grazas a todas as persoas que subistes ao escenario e a quen gozastes da gala no público 💖

O escenario da gala de Youtubeiras+ e Carlos Vieito e Leila Fernández presentando nuns sofás formato pódcastPrimeiros planos de Carlos e LeilaDetalle da mesa central, con bolachas do exército mekemeke e o cadro do faiado pódcast. Tamén detalle dos premios físicos de rabuda cerámicaPrimeiro plano de David e Raquel de En Lingua de Signos signando

GALERÍA DA GALA - Vol. 5 Sabías que toda a xente finalista do noso certame é sempre moi moi moi linda? Se non nos cres, só tes que ver este fío de fotos! 💅

Konachadas no posadoiroRodri Míguez Fóra de Mapa podcast Patri Otero e ChutenMeme

GALERÍA DA GALA | Vol. 3 Sabemos que o faciades de xeito autoxestionado, mais neste ano tivemos unha quiniela oficial! E con bote... ben doce 😋 Tivemos 3 estupendas gañadoras con 6 respostas correctas: Sara Seco, Leti da Taberna e Érica Pereiro. 💬 Ti cantas acertaches?

As quinielas de Youtubeiras+ nunha urna. Unha persoa cubrindo unha.ChutenMeme caracterizado de alcalde excéntrico votando, como nunhas elecciónsUnha persoa completa unha quiniela apoiada na parede do Teatro JofreLeila Fernández e Carlos Vieito no escenario, resolvendo quen gañou. Suben Sara Seco e Leti da Taberna, recollen dous diplomas e dous botes de lambetadas

GALERÍA DA GALA - Vol. 2 🤯 Con que persoa creadora ficarías no medio dos Ancares despois dun accidente de avión? Antes de entrar, Gabri Fuentes puxo a proba as persoas finalistas nun directo cheo de preguntas imposíbeis, risas e confesións. Podes velo enteiro no noso instagram 😉 📸 La Diapo

Carlota Ghatos sendo entrevistada en directo por Gabri Fuentes na entrada do Teatro Jofre, na previa da gala dos premios Youtubeiras+. As súas amizades tíranlle fotos emocionadasDiego Aux e Mai Ínsua de Prendidísima sendo entrevistades no directoNuria Grandío de Konachadas e Leti a do Chinto sendo entrevistadas no directoO móbil emitindo o directo e neeumatiko, como parte da organización, controlando que todo sae ben