Hoxe rematamos coa feira do libro da Coruña. Última oportunidade para nos mercardes algo!
Boadicea Editora
@boadiceaeditora.bsky.social
Publicando fantasía, ciencia ficción e terror en galego desde 2022 Para todas as idades Web: boadiceaeditora.gal
Hoxe na carpa 1 a partir das 19:00 tendes unha cita con Alba Rozas (editora de Boadicea) e Estíbaliz Espinosa e Irene Lema (tradutoras de Donaira)
Atención, que xa só quedan 4 días da #FeiradoLibro da Coruña! 💙📘📘📘 Pasa mañá a partir das 11, coñece as túas autoras e autores favoritos, leva os teus libros con desconto… abre connosco esta porta a universos infinitos!
Imos con algunhas recomendacións... Se gustastes estas series, gustaredes destes nosos libros. Ocórresevos algún outro parecido?
Os mundos de Terramar non están tan lonxe como un podería pensar...
Xa estamos abertos na Feira do Libro da Coruña! Dende hoxe ata o día 10 de agosto! @librariasgal.bsky.social
📖 Xa dispoñíbel a primeira tradución para galego de Terry Pratchett feita polo noso socio @pelcho.bsky.social para Boadicea Editora. #QuenTraduce
E Boadicea estará tras esa porta con moreas de libros!
A Coruña abre as portas da maior Feira do Libro de Galicia
Polo Día da Patria volvemos asistir á Feira Do Libro organizada no Festigal. Vémonos!
Este domingo @estibalizespinosa.bsky.social e Irene Lema estarán asinando Donaira na Feira Cultural EnCaMiño, en Miño. Vinde polo voso exemplar!
O verán é o mellor momento para leres, e dende Boadicea recomendámosche estas lecturas para que pases unhas vacacións fantásticas!
Hoxe decímoslle adeus a Feira do Libro de Vigo. Última oportunidade para que vos acheguedes a mercar algún dos nosos libros!
💙📘📘📘 Mañá despedimos unha nova edición da #FeiradoLibrodeVigo. Será o último día para achegarte á Alameda, gozar da programación e aproveitar o 10 % de desconto nos libros. Non perdas esta última oportunidade!
Comeza a feira do libro de Vigo! Estaremos compartindo posto coas compañeiras de Edicións Malafera. Vídenos facer unha visita ao posto, que non mordemos!
Para a semana comeza o mes de xullo e con el, como cada ano, unha das feiras máis grandes do país: a #FeiradoLibro de Vigo! 💙📘📘📘 📅 Do 1 ao 7 de xullo 📍 Praza de Compostela 🕐 11 - 14 h | 17 - 21 h 📣 Pregón a cargo do escritor Manuel Esteban Programa completo 👉 www.librarias.org/gl/evento/EV...
Cacho coas herbas do San Xoán ✅ E vós, xa o preparastes?
Xa está aquí a noite de San Xoán! Se precisades unha guía para hoxe a noite, aquí a tedes!
Unha nova incorporación ao Cartafol do Medo. Descobre como te podes protexer das Bruxas do San Xoán. Edición trilingue escrita por Alba Rozas e J.M. Dopazo con ilustracións de Iago Torres. Xa dispoñible na nosa web e nas librarías do país!
Agora que pasou a resaca das Xornadas Portalén, só nos queda darlles as grazas a todas as participantes que chegaron desde varios recunchos da península. Volvémonos ver para o ano que vén??
Sae ao mercado a tradución de "A cornamusa máxica" de Gareth Evans. Coma sempre, dispoñíbel na nosa web e mais nas librarías do país. Descubre a gran viaxe de Ina dende as illas británicas até o Reino de Galiza.
Xa está todo preparado para comezar este venres en Allariz as Xornadas de Literatura Fantástica Actual en Línguas Ibéricas: PORTALEN. Vémonos en Allariz??
Xornadas de literatura fantástica actual en linguas ibéricas: 𝐏𝐎𝐑𝐓𝐀𝐋𝐄𝐍 👹📚. A entrada é libre ata completar a capacidade, pero se queres asegurar a túa praza, non esquezas anotarte xa enviando un correo a: 📧 𝐞𝐯𝐞𝐧𝐭𝐨𝐬@𝐟𝐮𝐧𝐝𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐯𝐢𝐜𝐞𝐧𝐭𝐞𝐫𝐢𝐬𝐜𝐨.𝐜𝐨𝐦.
Hoje 25 de Maio(é um ovo duro!) lembrei que se @boadiceaeditora.bsky.social vai sacar Pés de Argila em breve significa que fica menos para a Guarda de Noite. E isso significa que o voltarei ler. E isso significa que voltarei chorar com um livro "engraçado" que é coma uma punhada no estômago.
Unha nova incorporación ao Cartafol do Medo. Descobre como te podes protexer das Bruxas do San Xoán. Edición trilingue escrita por Alba Rozas e J.M. Dopazo con ilustracións de Iago Torres. Xa dispoñible na nosa web e nas librarías do país!
Boadicea Editoria participa na organización das Xornadas de Literatura Fantástica Actual en Linguas Ibéricas: PORTALEN Mais información próximamente
Xornadas de literatura fantástica actual en linguas ibéricas: 𝐏𝐎𝐑𝐓𝐀𝐋𝐄𝐍 👹📚. A entrada é libre ata completar a capacidade, pero se queres asegurar a túa praza, non esquezas anotarte xa enviando un correo a: 📧 𝐞𝐯𝐞𝐧𝐭𝐨𝐬@𝐟𝐮𝐧𝐝𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐯𝐢𝐜𝐞𝐧𝐭𝐞𝐫𝐢𝐬𝐜𝐨.𝐜𝐨𝐦.
Hoxe!
O venres 15 de maio presentamos "Donaira" de Charlotte Perkins Gilman na Libraría Boulevar de Santiago de Compostela. Alba Rozas acompañará ás dúas tradutoras do proxecto, @estibalizespinosa.bsky.social e @irenels.bsky.social 📆 Venres 15 de maio 🕖 19:00 📍 Libraría Boulevar - Santiago de Compostela
Este sábado estaremos acompañando a outras editoriais na "Feira de Editoras de Compostela", detro da Romaría das Flores. Achegaivos a saudar e aproveitade para mercar algunha das nosas novelas!
Comezamos coa última xornada da Feira do libro de Compostela! Última oportunidade de nos virdes visitar ao posto! @librariasgal.bsky.social
Xa é venres! Celebrámolo na Feira do Libro de Compostela??
Pechamos por hoxe unha xornada na #FeiradoLibro de Compostela chea de emocións e de xente que veu abrir as portas de universos infinitos. 💙📘📘📘 Voltamos mañá, venres, a partir das 11:30. Contamos con vós! 📍 Venres, 8 de maio, Paseo Central da Alameda 🕚 Horario: 11:30 - 14 h | 17:30 - 21:00 h
Que facedes que non estades a aproveitar a mañá de sol na Alameda? Aquí seguimos, coas mesmas ou aínda máis ganas de vos recibir na Feira do Libro de Santiago de Compostela! 💙📘📘📘 Abre a porta a universos infinitos e goza dos libros como só se pode facer nunha Feira!