Catro Ventos Editora

@catroventos.gal

Libros que respiran liberdade, coidado e lingua Libros sen présa Libros que duran

Este sábado 25X estaremos nas Xornadas Socialistas pola Autodeterminación da CMS 🕑 14:00 - 20:00 📍 Parque de Belvís, Compostela 🎟️ Entrada de balde Vinde saudar! Levaremos a nosa antoloxía “Razóns de peso” e algúns libros doutras editoras amigas ✨

25 de xullo, xornadas socialistas no parque de Belvís en Compostela. Catro Ventos estará na feira do libro entre as 14:00 e as 20:00, entrada de balde. Tamén haberá exposicións, foliada, concertos, xantar, charla e DJs

Vémonos este domingo 5 de xullo, ás 12:00, na Feira do libro de Vigo! 💖 As coordinadoras, Andrea Nunes e Leticia Citoula, estarán asinando o libro “Razóns de peso” na caseta da libraría Lila de Lilith.

O corpo gordo como invisíbel, mais ocupando moito espazo. O bikini como resistencia. O desexo como suxeito. A autoestima coa vulnerabilidade e o ativismo. Disto e máis fálanos Violeta Maroto en “Razóns de peso”. 👉 Xa podes conseguilo como ebook e físico en www.CatroVentos.Gal, ou nas librarías

"A miña identidade constrúese máis como gorde que como muller, xa que o corpo gordo non recibe os mesmos ditados de xénero. Unha persoa gorda non cadra no parámetro da feminidade, polo menos non da imperante. Queda fóra do desexo, fóra da ollada masculina ao deixar de ser obxecto. Os corpos gordos, ao non encaixar, non se rexen polo ditado do que socialmente significa ser muller.""Fun a amiga da guapa. Fun e son moitas veces a gorda da festa. Non fun consciente do meu propio pracer e capacidade de decidir até que comprendin que non se trataba de subir a trens alleos, senón de mudar quen nos mira. Decidín desbotar a ollada masculina do desexo, e buscalo internamente. Este proceso foi unha criba de como quería relacionarme. Con todo, ás veces sinto que quero renunciar do desexo, porque todo está atravesado pola normatividade, pero, si, hai un lugar para os corpos gordos."

🗯️ “Todos os corpos son dignos de ser vividos plenamente” 🌈 E o activismo gordo merece chegar á radio, aos libros e a todos os recunchos. Este é un fragmento da entrevista a Leticia Citoula e Andrea Nunes no Diario Cultural da Radio Galega.

O IMC como sentenza arbitraria para a maternidade e o Ozempic como pretendido milagre. As fotos onde apareces tapada, metendo barriga. Mais tamén os festivais gordos e o transfeminismo. ✨ Disto e máis fala Leticia Citoula en “Razóns de peso. Desbordamentos, desexos e outras incomodidades gordas”

O feito de ser gorde ten que ser un proceso transitorio, algo que se debe modificar con urxencia e ao prezo que for. Porque que importa a nosa saúde, que importan os motivos. Sexa porque estás cunha angustia terrible para pagar o alugueiro, que non para de subir, ou recibindo tratamento oncolóxico ou facendo dó pola morte dunha amiga ou familiar, sexa polo que sexa, o único que importa é que esteas delgada.Existe unha infinidade de estruturas públicas e privadas nas cales a cruzada contra a persoas gordas é declarada: a federación mundial da obesidade, a alianza de cidades contra a obesidade, o Plan de Obesidade Zero “en Galiza, e moitas máis. Non hai, pola contra, unha mirada ampla e integral na saúde da sociedade. Sen ir máis lonxe, no noso país son exemplos: o desmantelamento do sector primario e sostible, a precarización dos menús dos comedores escolares, a ausencia de espazos verdes e saudables, a privatización do sistema galego de saúde, por non nomear o abandono de especialidades tan fundamentais como a saúde mental.

Cita de Leticia Citoula en Razóns de peso

Hai uns días, Andrea Nunes deu esta entrevista en El Correo Gallego e presentamos “Razóns de peso” na libraría Lila de Lilith! 🌈 Queremos unirnos na reivindicación da representación digna e do desexo. Tamén felicitala por ese premio Follas Novas 💖 www.elcorreogallego.es/santiago/202...

Andrea Nunes Brións: «A gordofobia é unha cuestión política e social»

Andrea Nunes Brións presenta na Lila ‘Razón de peso’, a poucos días de publicar ‘Begoñísima’ e de recoller o Premio Follas Novas por ‘Mapa da estría’

elcorreogallego.es

Dietas de 1000 calorías para un corpo sinalado. Un corpo que foi capaz de recoñecer iguais, soster afectos e loitar. Disto e máis fala Antonella Rodríguez Acosta en “Razóns de peso”. 👉 Xa dispoñíbel en ebook e formato físico a través de www.catroventos.gal, ou na túa libraría máis próxima

“Non lembro o día exacto no que me decatei de que era gorda. Lembro, iso si, que a miña familia o dicía a miúdo, con esa verborrea afiada que empregaban para destacar as miñas carnes.

(...)

Non houbo un momento exacto, quizais dende sempre fun gorda. Quen sabe, quizais o doutor, no lugar de anunciar «vai ser nena» ou «vai ser neno» —seguindo a charramangueira tradición de revelación de xénero— dixo «Vai ser gorda» e condenoume daquela á perdición. Sempre fun gorda.““Un día, sentei en clase a carón dunha poeta gorda e namorei. Namorei porque cada unha das súas palabras era como unha aperta á alma. Deslicei polas redes e coñecín unha activista que falaba do noso dereito a existir como gordes. Lin textos que poñían nome ao que pasara toda a vida sen saber dicir. Vin unha película cunha protagonista non normativa. Vin mulleres gordas amar, crear, ocupar espazo sen pedir permiso. Escoitei risas que non falaban de dietas. Habitei espazos onde o meu corpo non era un problema a resolver. E decateime, por primeira vez, de que non estaba soa.“

Onte desbordamos a Lila cunha presentación moi especial para nós, nunha libraría que é fogar de moitos libros e iniciativas referentes. Unha libraría que é referente e acubillo en si mesma! 💖

A libraría Lila de Lilith chea nunha presentación do libro “Razóns de peso”. Falan as coordinadoras: Andrea Nunes e Leticia Citoula, e a editora: Xiana IglesiasAndrea Nunes recita de pé o poema que dá titulo ao libroDespois da presentación, encontros agarimosos coa xenteAs coordinadoras co libro: “Razóns de peso. Desbordamentos, desexos e outras incomodidades gordas”.

20 de maio, garda a data! 🌈✨ Estaremos na libraría Lila de Lilith presentando “Razóns de peso”. Será un encontro coas coordinadoras, Andrea Nunes e Leticia Citoula, e a editora, Xiana Iglesias.

🌈 Onte participamos no encontro “Escritas desbordadas: narrar o que incomoda”, no Corufest, na Biblioteca Ágora. Deixamos unhas fotos de Claudia L. Franco desta xornada onde desbordamos. Porque escribir e editar nas marxes tamén é formar parte dunha comunidade ben linda e, sempre, aprender!

O encontro “Escritas desbordadas” no Corufest. Con Leticia Citoula, Andrea Nunes, Miguel Calvo, Daniel Amarelo, Alva Lourenço e Nee Barros. Na biblioteca Ágora da CoruñaOs libros en conversa: Razóns de peso, Guia de linguagem não-binária e As esquinasEncontros co público. Leticia Citoula sorrindoDiego Maseda, coordinador do clube de lectura Queeruña, xunto con Andrea Nunes e Lucía Aldao

Ficas convidade! 💖🌈🫂 Este venres 10, presentamos en Compostela o primeiro libro desta nova etapa. Será un evento festivo e moi especial, coas coordinadoras e diversas autorías, anímaste? ✨ Vémonos o día 10 ás 19:00 na Casa do Taberneiro!

Estamos a tomar decisións para a publicación do noso primeiro libro! Visitamos Jadfel e levamos moitas ideas. Continuaremos coa ecoedición da anterior equipa, mais restan detalles por precisar 👀 En abril publicamos “Razóns de peso” e xa podes reservar o teu exemplar en i.gal/RazonsDePeso! 💖

MOITAS GRAZAS! 🫂🩷✨ Co apoio de quen achegastes, Razóns de peso vai ser realidade en abril deste ano! Tamén poderemos remunerar as autorías e facer un evento festivo de presentación. Mais aínda restan recompensas en 👉 i.gal/RazonsDePeso *O diñeiro extra usarémolo para imprimir máis exemplares

Participa en el Crowdfunding "Razóns de Peso. Desbordamentos, desexos e outras incomodidades gordas" en Verkami

Libro coral sobre activismo gordo, con 19 autorías e enfocado en Galiza

i.gal

2x1! Coñece a Emilia Pardo Bazán e apoia un proxecto pioneiro con 10 € 💖 A Pardo Bazán fixéronlle caricaturas rindo da súa gordura. Nós imos redescubrila como muller polifacética, envolta na polémica, case sempre por ser muller escritora con opinión propia. 👉 Consigue praza en i.gal/RazonsDePeso

Interésache a figura de  Emilia Pardo Bazán? Por 10 € podes asistir a un roteiro por espazos de Compostela vinculados coa súa vida e obra. O diñeiro será destinado á publicación dunha antoloxía de activismo gordo. Máis info en i.gal/RazonsDePeso