Maos Innovación Social

@maos.gal

Proxectos de proximidade Xestión cultural • Comunicación Deseño gráfico • Edición como @catroventos.gal https://maos.gal | +34 694 401 505

As palabras atraen, o exemplo convence 🖼️ A partir de hoxe podes visitar a exposición “Cooperativas de Compostela” no CSC O Ensanche. Mostra 17 cooperativas da cidade de distintos sectores. Foi impulsada e coordinada por EspazoCoop en colaboración con Maos, co apoio do Concello de Santiago.

O pasado venres na Festa dos libros, medimos o pulso da estrofa que tamén é o latexar da Pontevedra 👣 Camiñamos con bandas sonoras da Boa Vila desde o século XIII até a actualidade: de Paio Gomes Charinho a Columna Vegana, pasando por Marthe Lémann, Manuel Quiroga, Casto Sampedro…

Poderiamos entender a poesía sen as cantigas populares? E detrás de cada canción, non hai un poema? 🕵️ Hoxe, neste percorrido por Pontevedra demostraremos que música e literatura camiñan da man desde hai séculos. Inscríbete en Paseos@PontevedraDescrita.gal

Cartaz de "O pulso da estrofa. Paseo sobre a relación entre a música e a literatura en Pontevedra". Vai ser o venres 3 de xullo ás 19:00. Para inscribirte podes enviar un correo a Paseos@PontevedraDescrita.gal. Aparecen o logo do Concello e da Festa dos Libros. A estética de fondo é xeométrica, coas cores e o estilo de Pontevedra (d)escrita, a iniciativa dun mapa literario da cidade

O Castelao que danzaba polcas, o Danieliño de 3 anos que veu á romaría do ramo cativo contra o mal de ollo, o Daniel da tuna… Xuntámolos todos neste proxecto: Castelao Insólito. Fixemos 4 sesións por Compostela, mais ti podes realizar o percorrido autoguiado a través de: 👉 CastelaoECompostela.gal

👅 Rexenerando contou connosco para o II Encontro de profesionais de normalización lingüística do eido local, da área de lingua da Deputación Foi un pracer escoitar a Natalia Cea, Gabino S. Vázquez (Modo Galego), Marcos Abalde (Brincarmos) e Oskar Bikuña (HIGA-Gasteiz). Con coloquio e prototipado!

As persoas participantes no exterior do Pazo de Mariñán
Conversa entre persoas participantesOlga, de Rexenerando, modera o espazo de prototipadoMesa redonda no encontro

Dietas de 1000 calorías para un corpo sinalado. Un corpo que foi capaz de recoñecer iguais, soster afectos e loitar. Disto e máis fala Antonella Rodríguez Acosta en “Razóns de peso”. 👉 Xa dispoñíbel en ebook e formato físico a través de www.catroventos.gal, ou na túa libraría máis próxima

“Non lembro o día exacto no que me decatei de que era gorda. Lembro, iso si, que a miña familia o dicía a miúdo, con esa verborrea afiada que empregaban para destacar as miñas carnes.

(...)

Non houbo un momento exacto, quizais dende sempre fun gorda. Quen sabe, quizais o doutor, no lugar de anunciar «vai ser nena» ou «vai ser neno» —seguindo a charramangueira tradición de revelación de xénero— dixo «Vai ser gorda» e condenoume daquela á perdición. Sempre fun gorda.““Un día, sentei en clase a carón dunha poeta gorda e namorei. Namorei porque cada unha das súas palabras era como unha aperta á alma. Deslicei polas redes e coñecín unha activista que falaba do noso dereito a existir como gordes. Lin textos que poñían nome ao que pasara toda a vida sen saber dicir. Vin unha película cunha protagonista non normativa. Vin mulleres gordas amar, crear, ocupar espazo sen pedir permiso. Escoitei risas que non falaban de dietas. Habitei espazos onde o meu corpo non era un problema a resolver. E decateime, por primeira vez, de que non estaba soa.“

Onte desbordamos a Lila cunha presentación moi especial para nós, nunha libraría que é fogar de moitos libros e iniciativas referentes. Unha libraría que é referente e acubillo en si mesma! 💖

A libraría Lila de Lilith chea nunha presentación do libro “Razóns de peso”. Falan as coordinadoras: Andrea Nunes e Leticia Citoula, e a editora: Xiana IglesiasAndrea Nunes recita de pé o poema que dá titulo ao libroDespois da presentación, encontros agarimosos coa xenteAs coordinadoras co libro: “Razóns de peso. Desbordamentos, desexos e outras incomodidades gordas”.

20 de maio, garda a data! 🌈✨ Estaremos na libraría Lila de Lilith presentando “Razóns de peso”. Será un encontro coas coordinadoras, Andrea Nunes e Leticia Citoula, e a editora, Xiana Iglesias.

🤳🏼 A nosa compañeira Xiana foi comisaria das Residencias Artísticas Mariñán de Creación de Contidos da Deputación da Coruña! As persoas residentes puideron desfrutar de tempo, espazo e formacións para levaren a cabo os seus proxectos nas redes sociais en galego.

As persoas residentes nunha foto final de familiaAs persoas da residencia de creación de contidos (Yeray Folgar, Sons de Cande, Laura Villar e Leti A do Chinto), xunto con Xiana e a deputada Natividade nunha conferencia de prensaYeray Folgar, Sons de Cande, Laura Villar e Leti A do Chinto revisando un vídeo gravadoCarlota Ghatos traballando nun guión

✨ Queres pasear connosco este sábado 9/5? Como Castelao desde Buenos Aires, pousaremos o noso pensamento en Pontevedra visitando 8 espazos, con marxe para a esperanza. A pesar das atrocidades, o exilio non calou e a literatura foi unha das súas ferramentas máis poderosas. 👉 apuntate.pontevedra.gal

Cartaz do roteiro do Concello de Pontevedra co título“Mañá será outro día”, un paseo sobre a literatura e o exilio en Pontevedra. Haberá unha sesión o sábado 9 de maio ás 12:00. Inscríbete en Apuntate.Pontevedra.Gal

🌹 Participamos na 2a edición das xornadas de formación para profesorado “Fai Memoria!” Compartimos 8 pistas prácticas para deseñar roteiros. E lembrade: en i.gal/RoteirosMaos tendes máis de 25 roteiros, algúns co texto e o percorrido en aberto, outros que podedes contratar.

Nee Barros, presentando nas xornadas “pistas para a construción de roteiros”O programa das xornadas, no centro sociocultural Maruxa e CoraliaUns cravos, pola Revolução portuguesa, do 25 de abril, e o logo das xornadas “Fai memoria!”Carlos Rodríguez Pérez, do CAFI, falando doutros roteiros

👀 Tes plan hoxe? Maos e a biblioteca Ánxel Casal ofrecémosche un roteiro gratis! Ven descubrir connosco a Concha Castroviejo, unha muller pioneira no xornalismo compostelán e na crítica literaria a nivel estatal. 👉 Podes retirar o convite no mostrador de Información da biblioteca desde 30 minutos.

Cartaz do Día do Libro.
Na parte de arriba lese: “celebra o día do libro con Concha Castroviejo”.
No centro hai unha foto antiga de Concha Castroviejo sorrindo mentres sostén unha felina xunto á cara. A imaxe ten aspecto vello e algo desgastado. Na esquina aparece a data: “23.4”.
Debaixo lese: “18:30 na Biblioteca Ánxel Casal”.
Ao final: “Paseo que celebra a máis grande escritora que deu Compostela no século XX segundo Borobó”.

🗓️ Este sábado en Pontevedra! Percorreremos os recunchos máis emblemáticos da cidade mentres exploramos a súa relación coa palabra poética e coas autorías que se inspiraron nela. Do século XIII á actualidade ✍️ 👉 Inscricións gratis en Paseos@PontevedraDescrita.Gal

SÁBADO 21 DE MARZO
17.00 h
CAMIÑADA LITERARIA POLA CIDADE
Pontevedra poética
Maos
Público adulto | Inscricións no correo-e:
paseos@pontevedradescrita.gal

🗓️ Este sábado en Pontevedra! Percorreremos os recunchos máis emblemáticos da cidade mentres exploramos a súa relación coa palabra poética e coas autorías que se inspiraron nela. Do século XIII á actualidade ✍️ 👉 Inscricións gratis en Paseos@PontevedraDescrita.Gal

SÁBADO 21 DE MARZO
17.00 h
CAMIÑADA LITERARIA POLA CIDADE
Pontevedra poética
Maos
Público adulto | Inscricións no correo-e:
paseos@pontevedradescrita.gal

En marzo do 68, mentres París preparaba as súas revoltas, Compostela xa estaba en loita. Agora, podes viaxar no tempo cun paseo guiado polos lugares onde aconteceu todo. Hai 4 sesións: 
👉 Xoves 12 ás 19.00
👉 Venres 13 ás 19.00
👉 Sábado 14 ás 12.00 e 16.30 🎟 A inscrición é gratuíta en marzo68.gal

Cartaz co lema "VENCEREMOS NÓS, O 68 EN COMPOSTELA" anunciando un paseo guiado en Compostela os días 12, 13 e 14 de marzo. Máis información e inscricións en marzo68.gal

Como foi o marzo do 68 compostelán? Pasea a cidade connosco para descubrilo! 🚶‍♂️ Teremos 4 sesións guiadas onde falaremos de asembleas, libros prohibidos, peches na facultade... Serán: 👉 O xoves 12 ás 19.00 👉 O venres 13 ás 19.00 👉 O sábado 14 ás 12.00 e ás 16.30 Inscríbete en marzo68.gal

MOITAS GRAZAS! 🫂🩷✨ Co apoio de quen achegastes, Razóns de peso vai ser realidade en abril deste ano! Tamén poderemos remunerar as autorías e facer un evento festivo de presentación. Mais aínda restan recompensas en 👉 i.gal/RazonsDePeso *O diñeiro extra usarémolo para imprimir máis exemplares

Participa en el Crowdfunding "Razóns de Peso. Desbordamentos, desexos e outras incomodidades gordas" en Verkami

Libro coral sobre activismo gordo, con 19 autorías e enfocado en Galiza

i.gal

GALERÍA DA GALA - Vol. 7 Quen gañou Youtubeiras+ nesta edición? Neste fío, alén de verlles as caras brillando, tamén etiquetamos os seus proxectos para que poidas axexalos 🫣 Moitos parabéns a todas as persoas que recibistes algún galardón 💖

Persoas gañadoras de Youtubeiras+ no escenario da gala

GALERÍA DA GALA - Vol. 6 Non podiamos imaxinar un mellor equipo para a IX gala de Youtubeiras+! 🥹 Moitas grazas a todas as persoas que subistes ao escenario e a quen gozastes da gala no público 💖

O escenario da gala de Youtubeiras+ e Carlos Vieito e Leila Fernández presentando nuns sofás formato pódcastPrimeiros planos de Carlos e LeilaDetalle da mesa central, con bolachas do exército mekemeke e o cadro do faiado pódcast. Tamén detalle dos premios físicos de rabuda cerámicaPrimeiro plano de David e Raquel de En Lingua de Signos signando

GALERÍA DA GALA | Vol. 3 Sabemos que o faciades de xeito autoxestionado, mais neste ano tivemos unha quiniela oficial! E con bote... ben doce 😋 Tivemos 3 estupendas gañadoras con 6 respostas correctas: Sara Seco, Leti da Taberna e Érica Pereiro. 💬 Ti cantas acertaches?

As quinielas de Youtubeiras+ nunha urna. Unha persoa cubrindo unha.ChutenMeme caracterizado de alcalde excéntrico votando, como nunhas elecciónsUnha persoa completa unha quiniela apoiada na parede do Teatro JofreLeila Fernández e Carlos Vieito no escenario, resolvendo quen gañou. Suben Sara Seco e Leti da Taberna, recollen dous diplomas e dous botes de lambetadas

GALERÍA DA GALA - Vol. 2 🤯 Con que persoa creadora ficarías no medio dos Ancares despois dun accidente de avión? Antes de entrar, Gabri Fuentes puxo a proba as persoas finalistas nun directo cheo de preguntas imposíbeis, risas e confesións. Podes velo enteiro no noso instagram 😉 📸 La Diapo

Carlota Ghatos sendo entrevistada en directo por Gabri Fuentes na entrada do Teatro Jofre, na previa da gala dos premios Youtubeiras+. As súas amizades tíranlle fotos emocionadasDiego Aux e Mai Ínsua de Prendidísima sendo entrevistades no directoNuria Grandío de Konachadas e Leti a do Chinto sendo entrevistadas no directoO móbil emitindo o directo e neeumatiko, como parte da organización, controlando que todo sae ben

🖋️🎭🎶 'Porque así somos': o Festival Rosalía celebra a creación artística en galego coa poeta sempre presente 🗓️ Os días 21 e 22 de febreiro o Festival Rosalía conmemora o 189º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro dende Compostela cunha vintena de actividades  praza.gal/cultura/porq...

'Porque así somos': o Festival Rosalía celebra a creación artística en galego coa poeta sempre presente - Praza Pública

Os días 21 e 22 de febreiro o Festival Rosalía conmemora o 189º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro dende Compostela cunha vintena de actividades 

praza.gal