✈️ Diante das últimas informacións sobre a aeroliña Fly2Galicia, CA reitera o seu rexeitamento a que no noso país operen empresas implicadas nas políticas xenocidas do Estado de Israel e a calquera apoio institucional a entidades sospeitosas desa colaboración co xenocidio en Gaza.
@compostelaberta.bsky.social
🗞️ Aquí vai un resumo da actividade do grupo de Compostela Aberta no goberno nos últimos meses 🔗 i.gal/OqWJO
⚪️🔵⚪️ No #25deXullo Santiago volve exercer con orgullo o seu papel de capital do país. Desde a pluralidade e a tolerancia, reivindicando o que somos e a nosa historia e mirando cara un futuro de igualdade e xustiza social. Feliz Día Nacional de Galicia! #DíaDeGalicia
👨⚖️Hai un ano, unha sentenza histórica devolvíanos as esculturas do Mestre Mateo espoliadas polos Franco, pechando o proceso xudicial aberto en 2017 polo Goberno de CA 🗣️Vémonos o día 18 para falar con tres dos protagonistas: Martiño Noriega, Xaquín Monteagudo e Ricardo Gurriarán
🏳️🌈 Hoxe celebramos o acto institucional con motovo do Día Internacional do Orgullo. Reafirmamos o noso compromiso coa defensa dos dereitos do colectivo LGTBIQ+, da diversidade e da liberdade. Non daremos ningún paso atrás.
As imaxes que vimos todas son preocupantes e lamentables. A actuación das Forzas de Seguridade non pode nin debe quedar fora do control democrático e por iso urxen explicacións.
🏛️ O Concello solicita formalmente explicacións á Delegación do Goberno polo dispositivo despregado e as cargas policiais no partido da SD Compostela 🗣️O Goberno manifesta a súa preocupación e lamenta que se produzan este tipo de situacións na cidade 🔗 i.gal/zuqXw
📢 Urxe abaratar os alugueiros, poñerlle freo á especulación, garantir máis vivenda pública e acabar co negocio que só beneficia a uns poucos. 🏠 Porque a vivenda é un dereito, e non pode custarnos a vida. @xvivendacompos.bsky.social
O PP pídelle ao Estado un maior financiamento da dependencia. E que quere ocultar? 👉Que Galicia é a comunidade do Estado que inviste menos por dependente 👉Que a Xunta duplica os prazos para tramitar os expedientes 👉Que a Xunta segue infrafinanciando o SAF 🗣️María Rozas 👇
👅 Feliz e reivindicativo Día das Letras Galegas! “Non hai revolución sen palabras” Begoña Caamaño
🙌 A veciñanza de Santiago mostroulle hoxe o seu cariño, respecto e admiración ao exfiscal Xeral do Estado. O acontecido con Álvaro García Ortiz déixanos unha lección importante: urxe seguir loitando para mudar as cousas. Ao acto desta tarde asistiron María Rozas e @xanduro.bsky.social
⚫️ Galicia botará en falta a súa intelixencia, a súa ironía e, sobre todo, o seu compromiso. O noso pésame e todo o cariño para a súa xente. Que a terra lle sexa leve.
⬛️ OBITUARIO | Adeus a Carlos Mella, protagonista e relator do inicio da autonomía
🏛️ Onte volveuse falar no Pleno da xestión da auga, e volvimos defender o control público. Porque así o avalan os informes e a experiencia doutros concellos. Pero diante das evidencias, a oposición prefire…🙈🙉
🏛️ O Pleno aprobou hoxe os orzamentos de 2026, vinculados a unha cuestión de confianza 💰É unha boa noticia para Santiago e a súa veciñanza. Porque estes van ser uns orzamentos positivos para Compostela. 🤲 Este seguirá sendo o mandato do social
🏛️No Pleno de hoxe, Borja Verea sacou unha lista de promesas electorais que precisarían do orzamento dunha década para a súa execución. E tamén tirou de populismo para comprometerse a retirar os radares. 🗣️ Como lle dixo @maria_rzs , “no PP son menos de radares que de Baltares”
💰Hoxe o Pleno rexeitou o proxecto dos orzamentos municipais de 2026. A oposición non aprobou unhas contas que destinan 177€ por habitante a gasto social, a cifra máis alta da historia de Santiago. 🤲 Este é o mandato do social, e seguiremos mellorando o benestar da veciñanza
⚖️ Esixímoslle á Xunta que actúe de maneira urxente na recuperación ambiental da canteira de Miramontes, nunha moción conxunta co BNG que levaremos ao próximo Pleno 💪🏻Como fixemos no Goberno desde 2017, seguimos apoiando as reivindicacións da veciñanza 🔗 i.gal/wfDEn
Compostela Aberta e BNG reclámanlle á Xunta que actúe de maneira urxente na recuperación ambiental da canteira de Miramontes - Compostela Aberta
Compostela Aberta e BNG instan á Xunta de Galicia a cumprir coas súas responsabilidades e, no marco das súas competencias, activar de maneira urxente o
i.gal
💜📢 Feminismo contra o avance do fascismo. Feminismo para mudalo todo #8m #8mcompostela #DíaInternacionalDasMulleres
💜 📢 Hoxe volvemos á rúa para berrar polos dereitos de todas. E para lembrar que contra o avance do fascismo e dos discursos negacionistas e do odio, urxe máis feminismo. #FeminismoParaMudaloTodo #8MCompostela #8M
💦 Defendemos outro modelo para a xestión da auga porque os datos din que é mellor para Santiago ⚠️Outros defenden a concesión e din que só así se poderán evitar as avarías diarias que temos na rede… despois de medio século de concesión. 🧐😒💸
🏫 O PP xerou unha polémica innecesaria co cambio de nome do CEIP Apóstolo Santiago ❓Tan pouco valoran a identidade de Santiago que cren que o nome dun colexio a pón en risco? ❓Onde está Verea cando os colexios denuncian os seus verdadeiros problemas e piden máis profesorado?
🚍O Concello reactiva o concurso do transporte urbano tras o rexeitamento dos recursos do TACGAL 🗓️A Xunta de Goberno local aprobará a ampliación do prazo de presentación de ofertas ata o 18 de marzo 🔗 i.gal/tHoPR
🇪🇭O Fondo Galego de Cooperación reivindica en Santiago a causa saharauí no 50º aniversario da RASD 🏛️A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais @mariarozas.bsky.social, vogal do Fondo Galego de Cooperación, foi a anfitrioa da xuntanza da súa Comisión Executiva, no Paxo de Raxoi 🔗 i.gal/TL8Ij
🏛️ No debate sobre a xestión do ciclo da auga, Compostela Aberta volveu mostrar a súa coherencia. 💦 Levamos máis de 40 anos coa mesma concesionaria, cunha única licitación neste tempo, e con moitas incógnitas. 🗣️Díxoo María Rozas: cando se van desclasificar os papeis de Viaqua?
📻 Nuns minutos comeza o debate sobre actualidade local de @radioliderstgo, coa participación de @maria_rzs. Podes seguila por aquí 👇 facebook.com/share/v/18Lo6w…
Log in or sign up to view
See posts, photos and more on Facebook.
facebook.com
💦 No próximo Pleno votarase a proposta sobre a xestión da auga e CA non apoiará un modelo que non garante o control público do servizo 🚰 Os informes din que a concesión non é a mellor opción e advirten das irregularidades do actual contrato. Perpetuar o modelo é irresponsable.
👩🏻🚒En Ferrol, cidade gobernada polo PP, hoxe só hai dous bombeiros dispoñibles. Pero nin Borja Verea nin Paula Prado están pedindo dimisións. 🤥 Unha mostra máis da hipocrisía de Verea, que volveu prometer a contratación de cen policías, sabendo que iso non é posible legalmente.
🏛️ 💦 No debate sobre o estado do concello, María Rozas falou da urxencia de recuperar o control público da auga. 🗣️ “A veciñanza leva máis de 50 anos sufrindo unha concesión chea de irregularidades, no seu peto e nun servizo que non mellora”
🏛️ No debate sobre o estado do Concello, María Rozas reivindicou que este é o mandato do social 🗣️ “Executamos 135 euros de gasto social por habitante, fronte aos 55 de hai dez anos. Acadamos récord de usuarias no SAF, mentres a Xunta segue racaneando o financiamento do servizo.