Xan Duro

@xanduro.bsky.social

Ecoloxista, ciclousuario e pai. Concelleiro de Compostela Aberta. Actualmente no goberno bipartito de Santiago de Compostela como responsable de Mobilidade, Convivencia, Centros Socioculturais e Mercados. Procuro falar con persoas, non con alcumes

👨‍⚖️Hai un ano, unha sentenza histórica devolvíanos as esculturas do Mestre Mateo espoliadas polos Franco, pechando o proceso xudicial aberto en 2017 polo Goberno de CA 🗣️Vémonos o día 18 para falar con tres dos protagonistas: Martiño Noriega, Xaquín Monteagudo e Ricardo Gurriarán

Bild

🏛️ No debate sobre o estado do Concello, María Rozas reivindicou que este é o mandato do social 🗣️ “Executamos 135 euros de gasto social por habitante, fronte aos 55 de hai dez anos. Acadamos récord de usuarias no SAF, mentres a Xunta segue racaneando o financiamento do servizo.

8️⃣0️⃣Onte celebramos os 80 anos do edificio da Praza de Abastos cun acto impulsado desde o departamento de Mercados que dirixe @xanduro.bsky.social 🙌 Foi un día de agradecer o traballo das praceiras e de reivindicar o que o Mercado significa: proximidade, calidade e un consumo máis sostible

BildBildBildBild

📢 LEMBRA! 🚴‍♀️ O domingo celebramos a Semana Europea da Mobilidade cunha xornada chea de actividades infantís e cunha gran pedalada ciclista 📍Rúa da Senra. Santiago de Compostela ➕info 👉i.gal/6F36F

Bild

👏 ACEM celebra os seus 30 anos de traballo para mellorar a vida das persoas con esclerose múltiple, Parkinson ou ELA cunha xornada solidaria na Praza de Abastos á que non faltaron María Rozas e @xanduro.bsky.social Ainda estás a tempo de sumarte ata as 19.00 horas!

Bild