✏️Seguimos inmersos no momento Sexenios 2025. Na BUSC non só verificamos cada unha das aportacións que envía o PDI ao repositorio, tamén ofertamos formacións ao respecto. Para a vindeira semana impartimos un obradoiro presencial no Campus de Lugo sobre como buscar indicios de relevancia e impacto.
Facultade de Enfermería da USC
@enfermeriausc.bsky.social
Facultade de Enfermería da @usc.gal •Grao en Enfermería •Máster en Xerontoloxía •Máster en Atención Sanitaria, Xestión e Coidados
🧠 Estudantado de Psicoloxía, Medicina, Odontoloxía e Enfermaría recibirá formación específica sobre a dor e a súa cronificación. O prazo de inscrición nesta acción formativa do @ipsius.bsky.social remata o 13 de xaneiro. 🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
😜 O @clmdausc.bsky.social abre en xaneiro a matrícula nos seus cursos de alemán, catalán, checo, francés, inglés, italiano, galego e portugués Consulta aquí todos os detalles e prazos 👇 🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
📣 O horario extraordinario da @buscusc.bsky.social estenderase do 6 de decembro ao 23 de xaneiro O estudantado contará cunha oferta de 3.400 prazas en Santiago e Lugo e a dispoñibilidade poderá consultarse en @buschorarios.bsky.social 🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
A enfermeira Ainara Díaz Geada, profesora da nosa Facultade, fala para @gciencia.bsky.social sobre o sangrado nasal 👇
O sangue no nariz pode asustar, pero a solución non é botar a cabeza cara atrás. Para detelo, mellor manter a cabeza erguida e apretar o nariz uns minutos, que é moito máis efectivo (e seguro). Coñece máis sobre este mito.
🔬 Arranca a construción da nova Facultade de Farmacia, co horizonte no curso 2027-28 Este mércores 5 tivo lugar o acto de colocación da primeira pedra do que será o primeiro centro do complexo de Ciencias da Saúde 🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
O equipo decanal asiste hoxe á xornada "Coida os teus riles, coida a túa vida", co propósito de reflexionar sobre os avances na prevención, diagnóstico e tratamento das enfermidades renais en Galicia, nos que é fundamental o papel da Enfermería na atención integral aos doentes.
📌Xornada de difusión dos resultados do proxecto: "Actitudes de xénero detectadas polo estudantado de Enfermaría nas prácticas clínicas" 📍CEA, parque Vista Alegre 📅 07/11/2025 🕙 10 a 13h 👥Aberto a toda a comunidade da @usc.gal e público en xeral. Inscrición gratuíta ata 05/11 no QR do cartaz 👇
🧪A novena edición de Ciencia Singular abrirá o 8 de novembro as portas da investigación feita na @usc.gal á sociedade. A inscrición comeza este mércores 29, ás 16.00 horas. Descubre o @cimususc.bsky.social @ciqus.bsky.social @igfae.gal @citius.gal e @cretus.usc.gal 🤗 🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
👩🏫 O Colexio de Fonseca acolle a mostra 'As primeiras profesoras da @ucm.es' que busca dar visibilidade ás docentes pioneiras que exerceron nas súas distintas facultades. Podes visitala ata o 28 de novembro de 2025! 🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
😎 A USC conclúe con éxito o proxecto europeo ClinicalModelling, no que participou @enfermeriausc.bsky.social O proxecto demostrou a eficacia do vídeo-modelado e as gafas intelixentes para reforzar as competencias enfermeiras 🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
🧠 O estudantado de terceiro ano do Grao en Enfermería tivo a oportunidade de asistir a unha sesión de "Detección e intervención en conduta suicida" impartido pola psicóloga Olalla Villaronga, integrante do equipo da asociación Andaina Pro Saúde Mental. Grazas pola achega! @feafesgalicia.bsky.social
📣 Moito ollo porque isto xa é o mércores 8 de outubro!!!! 👇
Abrimos inscripcións para as nosas xornadas "Saúde mental e mocidade: coidar o presente para construír o futuro" 🧠🫂❤️🩹 🗓️ Mércores 8 de outubro 🕝 De 16h00 a 20h00 📍 Salón de actos da facultade de psicoloxía da USC. Entrada de balde ata completar aforo feafesgalicia.org/gl/novas/xor...
🍂A creatividade, o debate e a reflexión mantéñense perennes no Outono Cultural que impulsa @culturausc.bsky.social 🍁Música, teatro, danza, mostras, faladoiros, cursos ou propostas audiovisuais integran a programación da @usc.gal para o que resta de 2025. 🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
⌛ O vindeiro 26 de setembro pecha o prazo para inscribirse no certame #traduceTED O certame premia a calidade da subtitulación ao galego de charlas e vídeos TED de divulgación científica 🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
🍎Bota a andar por sexto curso consecutivo a convocatoria de axudas para a manutención do estudantado! Lembra que o prazo para solicitar os bonos comedor esténdese do 22 de setembro ata o 1 de outubro. Fai xa a túa solicitude! 🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
📢 Atención comunidade da @usc.gal! Xa está dispoñible a nova oferta do Catálogo de Cursos de EUniWell: 📚 Máis de 20 oportunidades formativas de balde e sobre temáticas diversas e actuais. 💻 Maioritariamente en liña. 🎯 Oferta para estudantado, PDI e/ou PTXAS. ⏰ Inscricións ata o 3 de outubro.
🥳 As xornadas de inicio de curso #BenVidaUSC xa están a pleno rendemento!!! Se queres coñecer toda a oferta dos servizos da USC, esta é a túa oportunidade. Cultura, deporte, igualdade, voluntariado e moitos máis contidos agardan por ti!!! @culturausc.bsky.social 😎 www.usc.gal/gl/benvidaUSC
📢 Hoxe comezan as xornadas de #BenVidaUSC coas que a @usc.gal lle dá a benvida ao seu estudantado para este novo curso 2025/2026! ✏️ Inscríbete nas actividades de balde a través desta ligazón: www.usc.gal/gl/benvidaUSC
📢 Abre a inscrición nas xornadas de inicio de curso #BenVidaUSC que terán lugar do 15 ao 30 de setembro nos campus de Lugo e de Santiago ➡️ Mondra e Grande Amore serán os dous artistas cos que a @usc.gal lle dará a benvida ao seu estudantado ➕Info: www.usc.gal/gl/xornal/no...
🩸Sabías que os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns diarias? 📌Achégate hoxe ou mañá co teu DNI e doa na unidade móbil de ADOS diante da nosa Facultade ⬇️
📚 O @clmdausc.bsky.social mantén aberta a matrícula nos cursos de alemán, catalán, checo, francés, inglés, italiano e portugués Ofrece tamén cursos de lingua galega para non galego falantes e de español como lingua estranxeira 🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
📢Se pertences ao alumnado de grao da USC, non perdas a oportunidade de realizar o Curso Básico de Competencias en Información. Aprende a localizar eficazmente a información que precisas, a evaluala de xeito crítico e a usala axeitadamente. nubeusc.sharepoint.com/sites/Biblio...
Hoxe tivo lugar o acto de benvida para o alumnado de novo ingreso do Grao en Enfermería, no que achegamos información para facilitarlles a súa incorporación á @usc.gal Moita sorte nesta nova etapa, e moitas grazas a todo o persoal que participou no acto 👏
📣 Alumnado de novo ingreso no Grao en Enfermería da @usc.gal (campus Santiago de Compostela): 0️⃣8️⃣ setembro: inicio das clases 0️⃣9️⃣ setembro ás 16:00h: acto de benvida e presentación ⬇️
🔝A USC pon á disposición da comunidade universitaria e da cidadanía unha ampla oferta deportiva! 🏊 Actividades acuáticas 🥾 Ao aire libre 🧘 Aprendizaxe 🤸 Aeróbicas 🎾 Benestar e lecer Consulta os prazos xa! Bule! 🗞 www.usc.gal/gl/xornal/no...
📣 O SEPIU abre o período de citas para a valoración das adaptacións curriculares do estudantado con discapacidade Mentres que no curso 2022-2023 foron atendidos 126 estudantes, no 2023-2024 o número ascendeu a 202 e no pasado curso, a cifra chegou a 261 🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
😜 O CLM oferta para o ano académico 2025-2026 cursos de alemán, catalán, checo, francés, inglés, italiano e portugués O Centro de Linguas Modernas da USC ofrece tamén cursos de lingua galega para non galego falantes e cursos de español como lingua estranxeira (ELE) 🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
Recentemente celebrouse a 2º Mesa Redonda Nacional no marco do proxecto europeo ClinicalModelling. 18 participantes de 8 institucións académicas e sanitarias debateron sobre a implementación e o potencial innovador das lentes intelixentes na formación sanitaria. Grazas polas vosas achegas! @usc.gal
Parabéns ao profesor Marcos Pazos Couselo polo seu ingreso como académico numerario na Academia de Enfermería de Galicia coa brillante disertación: "Tecnoloxía en Diabetes: empoderando á Enfermería para transformar a educación terapéutica" 👏 @marcospazoscouselo.bsky.social @usc.gal
🏳️🌈 Por unhas universidades visibles, vivas, valentes e comprometidas coa paz 📣 A USC adhírese ao manifesto da Rede de Universidades pola Diversidade 🗞️ https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/universidades-visibles-vivas-valentes-comprometidas-paz