Manuel Gago

@magago.bsky.social

Director de @culturagalega.bsky.social no Consello da Cultura Galega e profesor na Universidade de Santiago de Compostela. Xornalista, escritor e comisario de exposicións. Podcast: https://open.spotify.com/show/0gS1jq3ITle9QFTwQEqoz1

“Nada gustaba máis a un historiador dos séculos XIX e XX que as tumbas e os templos. Un morto co seu bo enxoval de xoias ou armas, ou a figura dun misterioso deus barbado ou unha túrbida deusa coa que poder especular a gusto durante ducias de artigos” www.galiciae.com/blog/manuel-...

A lenta revolución das pedras

Os avances logrados no coñecemento da Idade do Ferro comezan a facer posible saber que pasou cos dous ámbitos máis misteriosos da cultura dos galaicos.

galiciae.com

Orgullosos propietarios dunha copia do Mapa dos Lugares Míticos do reino de Galicia: habemus gañador da acuarela orixinal de Leandro Lamas! Se tes o número, ponte en contacto con festivalatlantica@gmail.com

Bild

«Unha das colonizadoras máis famosas, Aud a Profunda, era unha cristiá tan devota que deu instrucións para ser enterrada na terra salgada de ninguén, entre a marea baixa e a preamar, para non descansar en terra non consagrada, como os pagáns.» Canto me fliparan as historias deste libro.

Bild
Manuel Gago@magago.bsky.social · 2mo ago

"Cando as arqueólogas comezaron a traballar nas cistas na marea baixa as mariscadoras da Arousa achegáronse para advertilas de que o marisqueo libre era ilegal. Non apañaron berberechos, pero si info sobre un fenómeno funerario prehistórico pouco coñecido"

"Cando as arqueólogas comezaron a traballar nas cistas na marea baixa as mariscadoras da Arousa achegáronse para advertilas de que o marisqueo libre era ilegal. Non apañaron berberechos, pero si info sobre un fenómeno funerario prehistórico pouco coñecido"

Bild

Hoxe acompañareivos nas vosas casas e móbiles desde a retransmisión dos Fogos do Apóstolo da TVG, nun especial conducido por Arturo Fernández. Contaremos cousas chulas. Menos mal que me piden comentar eventos festivos e non partidos de fútbol!

BildBild

O Penedo Xudío en Casaio parece rexistrar unha secuencia temporal do máis interesante: un poboado fundado en época sueva, abandonado e reocupado de xeito breve e un tanto chapuzas durante a dominación visigoda. Pero só esta historia de como comezou todo é digna do Far East.

Bild

Na tradición galega, as almas atravesan o mar cara repousar eternamente nas illas. Pero un día, un andazo de monstros encheu o mar, devorando aquelas amiñas. O deus Berobreo encargou o seu corvo sagrado protexer o lugar. Preséntovos un xogo especial: O corvo das Cíes.

Esta semana Bieito Romero dedicou o seu histórico programa radiofónico "Un mundo de músicas" a 'Ata que os mares sequen', o meu libro sobre Escocia e Galicia. E aderezou a conversa con músicas galegas e escocesas influídas entre si. Unha chulada.

Bild

Este venres 3 de xullo ás 19.15 presento, xunto con Leandro Lamas, o mapa dos Lugares Míticos do reino de Galicia. Será no CSC Maruxa e Coralia de Santiago. Leandro debuxará en directo unha das escenas do mapa. E hai un bonus que che interesa ☝️

Bild

Novo episodio no meu podcast Na volta da Folla. Falamos con @solefelloza.bsky.social da nova edición do Festival Atlántica de Narración Oral, das relacións entre festivais e comunidades locais, a remuda xeracional da narración oral galego ou o traballo cos nenos ao redor da tradición oral.

Bild