Manuel Gago

@magago.bsky.social

Director de @culturagalega.bsky.social no Consello da Cultura Galega e profesor na Universidade de Santiago de Compostela. Xornalista, escritor e comisario de exposicións. Podcast: https://open.spotify.com/show/0gS1jq3ITle9QFTwQEqoz1

Orgullosos propietarios dunha copia do Mapa dos Lugares Míticos do reino de Galicia: habemus gañador da acuarela orixinal de Leandro Lamas! Se tes o número, ponte en contacto con festivalatlantica@gmail.com

Bild

«Unha das colonizadoras máis famosas, Aud a Profunda, era unha cristiá tan devota que deu instrucións para ser enterrada na terra salgada de ninguén, entre a marea baixa e a preamar, para non descansar en terra non consagrada, como os pagáns.» Canto me fliparan as historias deste libro.

Bild
Manuel Gago@magago.bsky.social · 2w ago

"Cando as arqueólogas comezaron a traballar nas cistas na marea baixa as mariscadoras da Arousa achegáronse para advertilas de que o marisqueo libre era ilegal. Non apañaron berberechos, pero si info sobre un fenómeno funerario prehistórico pouco coñecido"

"Cando as arqueólogas comezaron a traballar nas cistas na marea baixa as mariscadoras da Arousa achegáronse para advertilas de que o marisqueo libre era ilegal. Non apañaron berberechos, pero si info sobre un fenómeno funerario prehistórico pouco coñecido"

Bild

Hoxe acompañareivos nas vosas casas e móbiles desde a retransmisión dos Fogos do Apóstolo da TVG, nun especial conducido por Arturo Fernández. Contaremos cousas chulas. Menos mal que me piden comentar eventos festivos e non partidos de fútbol!

BildBild

O Penedo Xudío en Casaio parece rexistrar unha secuencia temporal do máis interesante: un poboado fundado en época sueva, abandonado e reocupado de xeito breve e un tanto chapuzas durante a dominación visigoda. Pero só esta historia de como comezou todo é digna do Far East.

Bild

Na tradición galega, as almas atravesan o mar cara repousar eternamente nas illas. Pero un día, un andazo de monstros encheu o mar, devorando aquelas amiñas. O deus Berobreo encargou o seu corvo sagrado protexer o lugar. Preséntovos un xogo especial: O corvo das Cíes.

Esta semana Bieito Romero dedicou o seu histórico programa radiofónico "Un mundo de músicas" a 'Ata que os mares sequen', o meu libro sobre Escocia e Galicia. E aderezou a conversa con músicas galegas e escocesas influídas entre si. Unha chulada.

Bild

Este venres 3 de xullo ás 19.15 presento, xunto con Leandro Lamas, o mapa dos Lugares Míticos do reino de Galicia. Será no CSC Maruxa e Coralia de Santiago. Leandro debuxará en directo unha das escenas do mapa. E hai un bonus que che interesa ☝️

Bild

Novo episodio no meu podcast Na volta da Folla. Falamos con @solefelloza.bsky.social da nova edición do Festival Atlántica de Narración Oral, das relacións entre festivais e comunidades locais, a remuda xeracional da narración oral galego ou o traballo cos nenos ao redor da tradición oral.

Bild

Con moita alegría preséntovos este novo proxecto. Trala boa acollida do Mapa dos Seres Máxicos do Reino de Galicia, na nova edición do Festival Atlántica presentamos o Mapa de Lugares Míticos do Reino de Galicia. Unha reivindicación da memoria lendaria da paisaxe que xa podes mercar.

Hoxe comeza o Festival Atlántica! Atlántica é a gran celebración da narración oral en Galicia e tedes espectáculos por todo o país, para todos os públicos e en moitos formatos distintos.

Bild

"Tras a publicación da súa identidade, Mar descubriu algo no que a política e o xornalismo se adentrarían nos seguintes anos: a verdade era o de menos. A ninguén lle importaba demasiado quen fose, o aspecto que tivera realmente ou se mentira" www.galiciae.com/blog/manuel-...

Díxome-díxome castizos

A historia de Mar de Marchis, fundadora de Jot Down, revela o complexo que é escribir sobre unha persoa cando se evitan as preguntas básicas da vida.

galiciae.com

“Este tema da relixión da Idade do Ferro é o último queixiño do Trivial que había que colocar”, conta Concheiro. No castro das Barreiras teñen crer atopado un espazo, entre a muralla e os castros, que pode ter que ver cun uso de culto. culturagalega.gal/noticia.php?...

O último queixiño do Trivial. Os arqueólogos identifican unha posible área de culto no ...

“Os arqueólogos galegos creamos a única sociedade atea da prehistoria mundial”, di irónico Ángel Concheiro. “Quizais foi a falta de decisión, ou de non...

culturagalega.gal