Martiño Noriega
@martinhonoriega.bsky.social
Médico de Familia 🩺. Pai de Mara e Airas 💜. Portavoz de Anova, no pasado fun Alcalde itinerante (Teo e Compostela) Abaixo e á esquerda (sempre), onde está o corazón.
Venceu Lula, demostrando que a forza do voto derrota ao neofascismo, ao algoritmo trucado e mesmo ás poderosas inxerencias internacionais. Venceu Lula demostrando que nada está escrito, aínda todo é posible, só hai que mobilizarse contra a extrema dereita asoballante. Venceu Lula. Venceremos nós✊🏾
Para ler este domingo, este PEME de @loisperez.bsky.social
«Dous paisanos ás portas do Museo do Pobo Galego, o día do enterro de Beiras: “Aí marcha un que fixo país”. E outro respondeu: “Si, pero o país non dá chegado”.» Beiras no País en Modo Espera www.eldiario.es/132_cfaa17?u...
🚨 COMUNICADO: Nestes tempos nos que están en risco as conquistas en materia de dereitos, é necesario impulsar un chamamento urxente a defender a democracia.
"Aprendín moito máis do home caído e libre que do home triunfante e condicionado polas responsabilidades. Podendo elixir, optaches por alistarte de corazón coas condenadas historicamente a perder, escollendo non acomodarte". Comparto ese sentemento, @martinhonoriega.bsky.social Fermoso réquiem 🥹
Réquiem por XM Beiras
No arco da vella da túa marcha houbo tristura, emoción, irmandade, apertas, flores, música, poetas, bágoas, sorrisos e sobre todo pobo; na luz filtrada do claustro do museo, nas rúas da túa cidade e no cemiterio de Boisaca. 📷 @braislorenzo.bsky.social 💔
Para o conxunto da nosa militancia Beiras foi un guía e un camarada, a súa pegada fica en quen o rodeaba e en todo o país. www.anova.gal/info/2026/10...
Na memoria de Xosé Manuel Beiras (1936-2026) - Anova
Na madrugada do 8 de outubro, faleceu aos 90 anos Xosé Manuel Beiras Torrado, a figura máis relevante da política galega contemporánea e referente histórico do soberanismo. Dende Anova - Irmandade Nac...
anova.gal
“Polos rueiros da nosa historia marcha paseniño o noso Comandante sen exército para unha revolución.” A despedida do noso Portavoz Nacional, @martinhonoriega.bsky.social: www.eldiario.es/galicia/blog...
OPINIÓN | Réquiem por Xosé Manuel Beiras. Por Martiño Noriega
A túa vida fala do mito de Sísifo, aquel que experimentou a liberdade cando rematou de empurrar o penedo uns intres antes de comezar de novo
eldiario.es
Polos rueiros da nosa historia marcha paseniño o noso Comandante sen exército para unha revolución. XM Beiras (6 Abril 1936- 8 Outubro 2026) 📷 Aigi Boga
"De pouco serven o resto das loitas se non temos un teito baixo o que descansar para combatelas" #Compostela
"Unha bandada de estorniños non son só moitos paxaros voando xuntos. Hai unha intelixencia colectiva de reglas sinxelas que foxe do comportamento dun só individuo. Polo ben de todas cómpre descifrar máis pronto ca tarde o sentido do seu canto" Para ler este domingo, isto do @loisperez.bsky.social
OPINIÓN | Que din os estorniños? Por Lois Pérez.
A ultradereita, como aquel DJ da Disco Hermo Muimenta, le ben ‘a psicoloxía de pista’: modela sufrimentos económicos e sociais traducíndoos nunha gramática de inseguridade cultural e nacional
eldiario.es
⚫️ Hoxe temos que lamentar o pasamento da nosa compañeira Celsa Oreiro, integrante da nosa Coordenadora Nacional. Dende Anova enviámoslle todo o noso agarimo á familia, amizades e ás compañeiras de Val do Dubra. Que a terra che sexa leve, Checha.
Venres, pensei que non chegaba 🌧️🩺🩵
Puño Dragón - FOGONAZO RÁPIDO
YouTube video by Puño Dragón
youtube.com
✈️ Diante das últimas informacións sobre a aeroliña Fly2Galicia, CA reitera o seu rexeitamento a que no noso país operen empresas implicadas nas políticas xenocidas do Estado de Israel e a calquera apoio institucional a entidades sospeitosas desa colaboración co xenocidio en Gaza.
🛰️ Anova pide no Día da Patria Galega seguir as ensinanzas de María Miramontes e Ánxel Casal para "construír un mundo diferente" www.nosdiario.gal/articulo/pol...
Anova pide no Día da Patria Galega seguir as ensinanzas de María Miramontes e Ánxel Casal para "construír un mundo diferente"
O líder da formación, Martiño Noriega, defendeu a existencia dun "mimetismo" entre os tempos presentes e a década de 1920 "aínda que as formas son outras e a...
nosdiario.gal
Feliz Día da Patria Feliz Día da Matria Feliz Día Nacional de Galiza 🩵✊🏾 @anovagal.bsky.social
A historia non se repite de maneira mecánica, pero si ten vasos comunicantes, no eixo da espiral co pasado. Estamos nos anos vinte do século XXI, que teñen demasiadas analoxías cos anos vinte do século XX, aínda que os mecanismos sexan outros (1)
Día da Patria: noventa anos da vontade dun país - Anova
Realizaremos unha ofrenda floral ás 13.45 na estatua de Ánxel Casal polo 90 aniversario do Estatuto do 36, coa colocación dunha coroa adicada a María Miramontes e Anxel Casal e unha intervención do no...
anova.gal