durante o pasado maio, escribín cinco poemas sobre A superficie (ese milagre duradeiro). agora, en forma de plaquette artesanal, serven para celebrar unha década de colaboración entre Chan da Pólvora e papeles mínimos. 💌 papelesminimos.com/products/a-s...
Ismael Ramos
@ismaelramosc.bsky.social
escribo | A parte fácil (Xerais) | opino en @eldiariogalicia.bsky.social https://linktr.ee/ismaelramos
a xente de Efecto Doppler convidoume a ler dous poemas de Lixeiro e falar sobre eles. elixín "Tres guineas" e "O futuro". aquí, a miña discusión con Virginia Woolf, o barco a Vigo, as iconas relixiosas, a lectura e a incerteza. a partir do minuto 32:40. www.rtve.es/play/audios/...
Estas son algunhas das impresións dos lectorxs de "A parte fácil". Ademais, o relato «A lebre», incluído nesta obra, foi distinguido co prestixioso Premio O. Henry 2026, convertendo a Ismael Ramos no primeiro autor do Estado español en recibir este recoñecemento. @ismaelramosc.bsky.social
A lingua dos convencidos, por @ismaelramosc.bsky.social 👌 www.eldiario.es/galicia/blog...
OPINIÓN | A lingua dos convencidos. Por Ismael Ramos
A 16 anos da aprobación do Decreto para o Plurilingüismo, foi sempre descarado e vergoñento o desleixo por parte dos responsables da Xunta ante a situación de emerxencia lingüística que se deducía dos...
eldiario.es
o balbordo arredor do novo Plan de Normalización da Lingua, non deixa ver unha pregunta máis incómoda que apenas nos facemos: e se o maior problema do galego fose que xa só falamos del entre nós? a lingua dos convencidos é outro éxito da Xunta. www.eldiario.es/galicia/blog...
OPINIÓN | A lingua dos convencidos. Por Ismael Ramos
A 16 anos da aprobación do Decreto para o Plurilingüismo, foi sempre descarado e vergoñento o desleixo por parte dos responsables da Xunta ante a situación de emerxencia lingüística que se deducía dos...
eldiario.es
no último número da @luzes.gal acaban de publicar esta longa conversa con Yolanda Virseda. grazas a toda a equipa polo tempo e o interese! 🌞 revistaluzes.com/2026/06/isma...
no cabodano de Fernández Paz, rescato este artigo. que necesaria e escasa a dignidade. que illa esta, cada día máis chea de camaleóns. www.eldiario.es/galicia/blog...
OPINIÓN | Como se debuxa a dignidade? Por Ismael Ramos.
Hai na cultura galega demasiadas figuras na misa e repicando? Supoño que iso non é nada en comparación coas técnicas de disociación de Valentín García, que leva doce anos afirmando que o galego vai be...
eldiario.es
O verán é un momento perfecto para recuperar todas esas lecturas que foron quedando na lista de pendentes. Recomendámosvos 5 libros que cremos que son perfectos para ler no verán.📚 @ismaelramosc.bsky.social Josiño Araújo, Rosa Aneiros, Xesús Fraga, Xerardo Quintiá, @xaquinnunez.bsky.social
Cumprindo como lei* co verán que propón o Ismael: persianas baixadas, libros e pelis. Non tenho de que sacar fotos que vos valgan. *Agás compromisos familiares ineludibles.
vivimos obsesionadxs coa idea de facer cousas interesantes e quizais o problema é que acabamos medindo tamén así o valor das nosas vidas: da produtividade, a sermos produtos. un artigo sobre os algoritmos e as tardes de verán que non necesitan demostrar nada. www.eldiario.es/galicia/blog...
vivimos obsesionadxs coa idea de facer cousas interesantes e quizais o problema é que acabamos medindo tamén así o valor das nosas vidas: da produtividade, a sermos produtos. un artigo sobre os algoritmos e as tardes de verán que non necesitan demostrar nada. www.eldiario.es/galicia/blog...
OPINIÓN | As mellores tardes. Por Ismael Ramos.
Ao longo de todo o ano, pero especialmente no verán, as redes sociais das que formamos parte e que nutrimos de contido invisibilizan o aburrimento, a rutina e calquera tarefa que non se atope entre as...
eldiario.es
Esta tarde a las 19h tenemos encuentro literario de afinidades electivas: "Así que pasen veinte años" con @ismaelramosc.bsky.social y Silvia Hidalgo. Dos escritores irrepetibles, dos generaciones distintas y dos perspectivas dialogando sobre el papel de la soledad en sus obras. ¡No podéis faltar!
“Se eu o subo a Instagram xa forma parte do mercado? Se ela peregrina xa é turista?” hai unha paz que nin os discursos políticos nin as institucións conseguen explicar. sobre autobuses, relixión, Peter Handke e a procura de sentido nun tempo de baleiros. www.eldiario.es/galicia/blog...
OPINIÓN | O inexplicable. Por Ismael Ramos.
Horrorízame ver a León XIV convidado a converter o Parlamento no seu púlpito e condenar o dereito ao aborto e a eutanasia dende o mesmo espazo onde a cidadanía os conquistamos con esforzo
eldiario.es
4ª edición! ✨ esta lebre xa leva un mes correndo sen descanso polas librarías galegas na súa 4ª edición e con solemne faixa negra para celebrar o Premio O. Henry. grazas lectorxs e librarías por manterdes con vida estes contos tres anos despois.
vivimos nun xogo de serpes e escaleiras: precariedade, culpa e medo a caer enfermos. o imperio da produtividade. hai tempo que ninguén sobe xa no ascensor social sen mirar constatemente cara abaixo. hoxe, en @eldiariogalicia.bsky.social. www.eldiario.es/galicia/blog...
OPINIÓN | Serpes e escaleiras. Por Ismael Ramos.
Non coñecín aínda un só compañeiro nos meus anos na empresa privada, pero tampouco agora na función pública, que se considere traballador e non sinta que falla cando enferma. Hai nese xesto unha culpa...
eldiario.es
amigxs! este sábado, ás 20:30h, terei a sorte de estar conversando con Olalla Tuñas no edificio do Casino de Noia para celebrarmos xuntxs o Premio O. Henry. oxalá poidades acompañarnos e compartir tanta alegría, tanto agradecemento 🐇
aprendemos a ser pobres en silencio: a renunciar, a non pedir, a non nomealo. nun país onde a pobreza segue aí, pero se oculta mellor ca nunca, quen decide que non se vexa? hoxe escribo en @eldiariogalicia.bsky.social sobre vergonza, clase e invisibilidade. www.eldiario.es/galicia/blog...
OPINIÓN | Un país sen pobres. Por Ismael Ramos
O sistema educativo e a sociedade en xeral seguen tratando a diferenza de clase e a escaseza de recursos case coma un fallo na Matrix e non coma unha consecuencia directa do sistema
eldiario.es
hoxe celebro o 1 de maio desde a portada do Faro da Cultura do Faro de Vigo con esta lectura xenerosa de Iago Fernández sobre “A lebre”. ✒️ www.farodevigo.es/faro-cultura...
No #DíadoLibro eu quero recomendarvos “A parte fácil” de @ismaelramosc.bsky.social É un orgullo ver que os nosos escritores e escritoras poden chegar onde queiran escribindo na nosa lingua…porque a literatura é unha das formas máis fermosas de situar unha cultura no mundo. Lede moito e en galego!
Hoxe recompilamos algúns deses títulos que marcaron un fito na nosa literatura💫 Cales destes libros xa lestes? 👀👇 @ismaelramosc.bsky.social, @manuelrivas.bsky.social, Agustín Fernández Paz, Xabier P.DoCampo, @lediciacostas.bsky.social, Yolanda Castaño e Chus Pato.
«Cheira a aceite, a especias e a algo máis forte ao fondo. Algo salvaxe que podería ser o medo da lebre ou a súa sorpresa». @ismaelramosc.bsky.social
hoxe, ademais da alegría de conseguir unha páxina completa en galego nun xornal que aparece integramente escrito en castelán, conversei con Alba Prada para El Correo Gallego: “Penso que nunca é bo que a lexitimación veña unicamente de fóra”. www.elcorreogallego.es/sociedad/202...
Un galego fai historia no premio O. Henry: «Pensei que era unha broma»
O escritor de Mazaricos Ismael Ramos é o primeiro español en recibir este galardón literario que distinguiu aos clásicos da literatura americana
elcorreogallego.es
O conto “A lebre”, incluído no libro A parte fácil, de @ismaelramosc.bsky.social, vén de recibir o Premio O. Henry 2026, un dos galardóns máis importantes do mundo no relato breve. O autor é o primeiro escritor do Estado español en acadar este recoñecemento.
hoxe amenzo coa sorte de ver publicada esta longa conversa con Manuel Xestoso para o @nosdiario.bsky.social. falamos sobre a clase social como o verdadeiro pecado orixinal, sobre o territorio ferido e, por suposto, sobre o Renault 19 de meu pai. www.nosdiario.gal/articulo/cul...
Ismael Ramos: "A pobreza e as diferenzas de clase son algo que está moi dentro de nós e que resulta moi difícil de cambiar"
Cun dos contos do seu libro A parte fácil (Xerais) Ismael Ramos convértese no primeiro autor do Estado en recibir o galardón considerado o máis importante do...
nosdiario.gal
«Un nunca se afai á visión dun encoro, nunca é capaz de imaxinar o seu fondo». “A lebre” incluído no libro "A parte fácil" de @ismaelramosc.bsky.social. Premio O. Henry 2026.
hoxe converso con Ana Abelenda para o Fugas de La Voz de Galicia. poucas veces sentín que unha entrevista contase tan ben quen son e de que tobeira saiu esta lebre. www.lavozdegalicia.es/noticia/fuga...
Ismael Ramos, premio O. Henry: «De Faulkner a Mazaricos hai unha carreira de lebre»
Premio Nacional polo poemario «Lixeiro», o escritor galego vén de entrar no selecto club dos grandes autores de lingua inglesa. O orgullo tranquilo cruza o Atlántico
lavozdegalicia.es
«Ata ese momento Raúl só podía recordar a súa irmá sendo máis grande ca el, pero a partir de agora só poderá pensar nela estando máis cansa, alí tirada». "A lebre" incluído no libro "A parte fácil" Premio O. Henry de relato breve 2026. @ismaelramosc.bsky.social
Galician writer @ismaelramosc.bsky.social awarded the O’Henry award for “The Hare” (trans. Jacob Rogers)! Moitos parabéns, Ismael. Alédome de que o público que le en inglés poderá coñecer a túa escrita e que se visibilice a literature galega por estes lares! lithub.com/announcing-t...
Announcing the Winners of the 2026 O. Henry Prize for Short Fiction
Tommy Orange was awarded a much-deserved MacArthur Genius Grant this fall for breaking from the tradition of reservation-based Native American literature to write new, illuminative, and realistic N…
lithub.com
📕 Estes encontros complétase con EXTRA, un contido audiovisual ao xeito dos bonus das edicións de filmes. María Sánchez, Antón Blanco, @neeumatiko.bsky.social e @ismaelramosc.bsky.social explicarán as imaxes que se filtraron nos seus imaxinarios literarios ao escribir narrativa, poesía ou ensaio.
www.eldiario.es/galicia/gall... Daniel Salgado: "El gallego Ismael Ramos obtiene el O. Henry, uno de los más prestigiosos premios de relato de Estados Unidos" @ismaelramosc.bsky.social se hace con el galardón, fundado en 1919, por el cuento 'A lebre', escrito originalmente en gallego.
El gallego Ismael Ramos obtiene el O. Henry, uno de los más prestigiosos premios de relato de Estados Unidos
El escritor, colaborador de elDiario.es, se hace con el galardón, fundado en 1919, por el cuento 'A lebre', escrito originalmente en gallego, y se convierte en el primer autor estatal en lograrlo
eldiario.es