«As consecuencias do acto xa as tes metidas entre as capas da túa pel e, por moito que te metas baixo a auga e que tentes eliminalo, unha parte de ti vai quedar impregnada desa palabra. O primeiro era asumir a palabra». "Goma de borrar" de Valeria G. Caneda.
Xerais
@xerais.bsky.social
#Xerais (Desde 1979) Editora en lingua galega. Facendo historia(s).
As mellores recomendacións veñen sempre das lectoras e dos lectores📖 Aquí tedes as recensións de lectorxs que seguen gozando da historia de Chus e Isabel❤️
«Ser escritor sempre foi o meu soño» afirma o novelista Óscar Guzmán, autor de 'Só os mortos saben a verdade'. Nesta entrevista para @farodevigo.es, o autor fala da súa última obra, coa que gañou o XXXII Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey. www.farodevigo.es/ourense/2026...
«Ser escritor sempre foi o meu soño» afirma o novelista Óscar Guzmán, autor de 'Só os mortos saben a verdade'
O autor ourensán presenta este xoves na libraría Nobel a obra coa que acadou o XXXII Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey
farodevigo.es
Se queredes saber algo máis sobre #ALinguaDosGrifóns, podedes ler a entrevista de hoxe en @nosdiario.bsky.social. Moitas grazas a Sergio Casal. www.nosdiario.gal/articulo/cul... @xerais.bsky.social
Santiago Lopo, escritor: "A chamada lingua morta, a piques de desaparecer, será clave para o renacer da cultura"
Santiago Lopo (Vigo, 1974) logra o premio Jules Verne 2026 con A lingua dos grifóns (Xerais), unha novela xuvenil de fantasía épica nun mundo distópico. A tr...
nosdiario.gal
En palabras da autora, «os personaxes desta obra teatral afrontan conflitos dos que se chaman eternos e procuran horizontes de liberdade persoal relativos ao afán de coñecemento, a paixón, a ruptura co estabelecido, nun ambiente de tenrura e fraternidade».
«O tipo de relación pode variar, e as persoas poden afastarse e recuperar o contacto, non sei. A vida hanos levar por camiños diferentes. Mais a rede de amor que nos conecta nunca se quebrará. Nós constuímola. E ela construíunnos a nós». "Heartstopper 6" de @aliceoseman.bsky.social
Ola. Mañá presentamos «Hoxe toca Leiva?» de @xerais.bsky.social nas #uxíadas , no continente de Arousa, coa Uxía e co Carlos Blanco. E co concerto do Julián Maeso. Posibelmente o pasemos ben. Adeus💜
Hoxe é o #DíaMundialdoCan e para celebralo recomendámosvos historias divertidísimas cos cans máis aventureiros do mundo🐶 Cal é o voso favorito?😊 @lediciacostas.bsky.social Marta Villar, Eva Mejuto, Alicia Borrás.
Os poemas deste libro xiran arredor desa idea de resto: árbores mortas ou catalogadas, amores en entretempo, xeracións esgotadas, linguaxes saturadas.
Nova edición de "O lapis do carpinteiro"📖 É o momento de reler esta novela imprescindible da nosa literatura. E, se aínda non a coñecedes, non sabemos a que estades agardando😉 @manuelrivas.bsky.social
«O noso foi unha historia de película, un poema de Neruda escrito na area da praia e borrado polas ondas dun temporal chamado destino». "Só os mortos saben a verdade" de Óscar M. Guzmán.
Cando o detective Alfredo Torres aparece na residencia, Secundino Santalices descobre que o pasado sempre espera a súa oportunidade e que, ás veces, só os mortos saben a verdade.
A aparición dun mozo inconsciente nunha reserva de aves a noite do Samaín coincide cunha serie de fenómenos estraños que se empezan a dar na vila. Celeste, a filla do ornitólogo e mais dunha investigadora da mitoloxía das aves, vai tentar descubrir que hai detrás de todo o que está a pasar
O verán é un momento perfecto para recuperar todas esas lecturas que foron quedando na lista de pendentes. Recomendámosvos 5 libros que cremos que son perfectos para ler no verán.📚 @ismaelramosc.bsky.social Josiño Araújo, Rosa Aneiros, Xesús Fraga, Xerardo Quintiá, @xaquinnunez.bsky.social
«Por iso, quen mellor pintan o mar, os campos e a neve son os nenos. Porque a neve pode ser verde e o campo rucear como as canas dun vello campesiño». "O lapis do carpinteiro" de @manuelrivas.bsky.social
A conta atrás rematou🍂🌈 O esperado final de Heartstopper xa está nas librarías📚 Escrito por @aliceoseman.bsky.social traducido por @neeumatiko.bsky.social coa colaboración de Éric Dopazo.
Nova edición de "en que mesa sentariades?" En cada mesa hai unha novela trepidante, un libro infantil divertido e un poemario conmovedor📚 Se só puidésedes sentar nunha mesa, cal escolleriades?😉
Valeria G. Caneda: "Gustaríame que 'Goma de borrar' axude a quitar as ideas preconcibidas sobre a adolescencia". 🗓️A autora estará o vindeiro luns (6/7, 20h) na Feira do Libro de Vigo e o venres (10/7, 20h) na libraría Nobel de Xinzo de Limia. www.nosdiario.gal/articulo/cul...
Valeria G. Caneda, escritora: "Gustaríame que 'Goma de borrar' axude a quitar as ideas preconcibidas sobre a adolescencia"
Valeria Gutiérrez Caneda (Xinzo de Limia, 2004) publica Goma de borrar (Xerais), a súa primeira novela, II Premio Xuventude Crea 2025. A obra trata a violenc...
nosdiario.gal
A Galicia moderna Un libro que axuda a ollar desde outra perspectiva o pasado e que subliña a forza dese pulo transformador que configuraba Galicia. Por Ramón Nicolás.
«A Galicia moderna»: unha ollada diferente ao noso pasado
Fernández Prieto repara no acontecido nun marco temporal que vai das derradeiras décadas do século XIX ata a fin da guerra civil e xa no subtítulo que reza á fronte do seu libro esencializa con brevidade a orientación deste ensaio: «Unha sociedade activa, unha economía innovadora»
lavozdegalicia.es
Non queriamos deixarvos todo o verán sen lecturas, así que… TEMOS NOVIDADES! Aproveitade para ler baixo o sol e gozar de moi boas historias!📚 @manuelrivas.bsky.social, Óscar M. Guzmán, Luís Colder, Alice Oseman @neeumatiko.bsky.social, Éric Dopazo, Teresa Moure.
✏️ Hoxe chega ás librarías a nova edición de O lapis do carpinteiro, de @manuelrivas.bsky.social, con máis de 100.000 exemplares vendidos.
«O lapis do carpinteiro», a obra máis internacional de Manuel Rivas e nacida en Tui, celebra o fito dos 100.000 exemplares vendidos en galego
Xerais publica unha edición especial do libro que impulsou a novela da memoria histórica en Galicia e España
farodevigo.es
Que libro curto recomendariades para alguén que quere comezar a ler? Contádenos!😊
O volume 6 de Heartstopper chega mañá ás librarías para pechar a serie. Faino de maneira simultánea en todas as linguas en que se publica, tamén en galego. www.xerais.gal/noticia/xera...
Xerais publica o volume final de Heartstopper, de Alice Oseman, en galego
Xerais publicará en galego o Volume 6 de Heartstopper simultaneamente ao lanzamento internacional
xerais.gal
O mundo de Lucía é silencio, regras e pantasmas: o seu pai converteu a casa nunha prisión, onde non se fala, non hai fotos de familia e, por algún motivo, o fútbol está prohibido. Lucía terá que decidir se está disposta a arriscarse para conquistar o seu lugar dentro e fóra dun campo de fútbol ⚽
«O día que o Avó se xubilou, a empresa regaloulle un vagón en desuso. Logo o Pai quitou os asentos; non todos, porque lle daba tristura. Dentro da carcasa do vagón, o Pai segue a ver a seu pai cada día». "A identidade" de Manuel Darriba.
Hoxe é o Día do Orgullo LGBT+ e queremos recomendarvos libros que representan e abren portas. Porque todxs merecemos atoparnos nos libros, sentirnos vistxs e ler con liberdade📖 Grazas a todos xs autorxs por dar visibilidade e voz a tantas historias🏳️🌈
📚Nova edición de O lapis do carpinteiro, de Manuel Rivas (@manuelrivas.bsky.social), con 100.000 exemplares vendidos en galego e traducida a 40 linguas. Unha das obras máis relevantes da narrativa galega contemporánea. Chega ás librarías o 2 de xullo. www.xerais.gal/noticia/o-la...
O lapis do carpinteiro regresa ás librarías cunha nova edición o vindeiro 2 de xullo
O lapis do carpinteiro regresa ás librarías cunha nova edición o vindeiro 2 de xullo
xerais.gal
Na súa primeira representación, a Compañía Teatral Galega de Bos Aires levará á escea a obra "El héroe" (O heroe), de Manuel Rivas. Será este xoves, día 25 de xuño, no teatro Empire de Bos Aires.
Un personaxe desdóbrase en catro diálogos sobre cuestións fundamentais (o sexo, o éxito, a familia, a morte) e dá a coñecer un feixe de relatos arredor do misterio da identidade.