Marcus Fernández

@marcusfernandez.bsky.social

Webmaster de codigocero.com

Hai un par de meses apareceume Gemini integrado no Chrome e marchou igual que chegou. Hoxe volveume aparecer. Marchará de novo? A vós tamén vos pararece de cando en vez a ferramenta de IA de Google no navegador web?

Bild

Que de cara á estrea de La Casa del Dragón os de HBO Max poñan as subscricións anuais a metade de prezo dá mala espiña. Non confían en manter os subscritores mes a mes pasado o verán?! Pasará factura que Apple TV sexa "a nova HBO"?

Bild

Os que din que os portátiles PC no rango de prezo do MacBook Neo son malísimos, saben do que falan?! Son equipos para usos distintos. Para ter na casa o PC é infinitamente mellor, pero en mobilidade os MacBook non teñen rival.

BildBildBild

Dende cando os libros teñen que ter pintados os cantos para vender ben?! Será que en vez de para ler son para que a xente os recoñeza cando subes fotos con eles ás redes sociais?! E eu pensando que do fenómeno booktuber podía saír algo que fose máis aló do postureo... 😔

BildBildBildBild

A pasada noite Marcial Mouzo conduciu o seu derradeiro Pensando en ti. A súa camiseta lucía a mensaxe «marcho, que teño que marchar». Di adeus á familia radiofónica, e agora será a súa outra familia quen o acompañará polas noites.