María Besteiros
@mariabesteiros.bsky.social
Escritora. Nai. ATV. Doutora en Filoloxía Galega.
🎙️ Silvio comezou dedicando o concerto á súa amiga Begoña Caamaño. A emoción durou pouco: xente chegando tarde, falando, bebendo, pasando unha e outra vez por diante. Persoas que sodes incapaces de estar sentadas sen facer nada máis que escoitar durante dúas horas, facede o favor, quedade na casa.
Non prometemos que con estas lecturas non caia algunha bágoa...💧 Manuel Esteban, @mariabesteiros.bsky.social Abil Camino e Irene Lourido.
Verán: o primoxénito cociña receitas de países do mundo, os pequenos deseñan e imprimen os seus propios xoguetes.
Se buscades libros curtos que poidades levar a calquera parte, aquí tedes 5 lecturas perfectas🏖️ @diegogiraldez.bsky.social @mariabesteiros.bsky.social @manuelrivas.bsky.social José Carou e Olaia Sendón.
O paso deste ano pola Feira do Libro da Coruña: presentación de De Esmelle a Ítaca, o libro para Begoña Caamaño que escribín con Emma Pedreira.
⚓ O mércores ás 18:15 na Feira do Libro da Coruña.
📚 Xuño tamén foi mes de presentacións: Ítaca na libraría Mal Hablada da Coruña e De Esmelle a Ítaca na Normal e, en liña, en Ferrol (Asociación Veciñal de Canido). Moitas grazas por asistir e organizar.
📚 Cursos de escritura e clubs de lectura finalizados por este curso. Moitísimas grazas pola confianza. Volvemos en outono!
🏆 Parabéns ó Premio San Clemente polo Premio ó Fomento da Lectura. Que ilusión ver ese peíño no instituto e tan ben acompañado.
👣 Aínda que Emma non pode vir, esta tarde falamos de Ítaca na Coruña.
🥈 Moitísimas grazas a xurado e organización polo segundo premio de poesía no Certame Literario do Concello de Ames. O poema, Chegarán sementes e raíces, naceu do sombreiro dunha veciña de Castro Ribeiras de Lea.
📚 Dúas cousas espero todos os anos: o turrón de Suchard e o FLAZ de Allariz.
✍️ O martes 26, con Emma e con Ana, obradoiro na Coruña.
👣 En estado de flipación. Moitas grazas a todo o mundo que teña que ver con isto.
🧶 Onte, Día das Letras, lendo Penélope tece no cortexo cívico de Pontedeume, na oficina de telégrafos de Xohana Torres.
📚Ei! Que faltabamos nós! Bego, Circe, Morgana, Curros, Manuel Antonio, Emma e eu de viaxe en tren e pailebote. O libro que non sabías que necesitabas.
📚 Este domingo celebro as Letras en Pontedeume.(Si, eu pensei o mesmo).
✍️ Aquí, na nosa burbulla literaria dos mércores.
💜 Moitísimas grazas a Diego Ameixeiras por recomendar a miña Ítaca no Fugas da Voz como lectura para este día da nai. E con estas palabras tan certeiras.
Neste #DíadaNai celebramos todo tipo de maternidades. Porque non hai unha única maneira de ser nai, pero si moitas historias que nos axudan a entendelo. @mariabesteiros.bsky.social @lediciacostas.bsky.social @bertadavila.bsky.social E Arancha Nogueira.
✍️ Pois o pequeno xa ten o primeiro poema publicado, premiado no Certame Literario do Concello de Ames.