Se Toralla volvese mirar cara ao mar Hai lugares de Vigo nos que a natureza parece ter sido concibida para contemplar o paso do tempo. A illa de Toralla é un deles. Dende as praias, dende a costa de Oia, dende Alcabre ou dende tantos outros puntos da ría, a súa silueta forma parte inseparable da…
Se Toralla volvese mirar cara ao mar
Hai lugares de Vigo nos que a natureza parece ter sido concibida para contemplar o paso do tempo. A illa de Toralla é un deles. Dende as praias, dende a costa de Oia, dende Alcabre ou dende tantos outros puntos da ría, a súa silueta forma parte inseparable da paisaxe viguesa. E, porén, hai algo que altera profundamente esa imaxe; a enorme torre levantada sobre a illa. Ás veces abonda con mirar cara ao horizonte para imaxinar como sería aquela paisaxe se a torre non estivese alí. O solpor sería diferente.
orexistroesquecido.wordpress.com