a Serióloga do outro lado

@seriologa.bsky.social

Mundialmente famosa autora de novelas regular e as outras cousas que fago, que tampouco é plan de vir aquí a fachendear.

Lo único que hace falta para escribir es: (1) Lápiz (2) Papel (3) Ganas de escribir Pensás que estás usando la IA como sustituto de (1) y (2), pero en realidad, lo estás usando como sustituto de (3).

En 6° ou 7° fun co cole á central das Pontes. O señor que nos fixo de guía explicounos que alí tamén se queimaban alijos decomisados pola garda civil, e que cando queimaban marihuana ían todos os operarios uliscando moi forte no aire. E despois as monxas estiveron unha hora recriminándolle a piada.

Folga os 24, 25 e 26 de xullo en Gadis e en Froiz. Ainda que estean abertos, apoia a loita das traballadoras por unhas condicións laborais dignas e non merques.

Bild

Pois resulta que en La Voz de Galicia sacaran unha enquisa para preguntar "quen queres que dea o pregón das festas?", que ven sendo un pouco como preguntar quen queres que gañe o mundial ou quen queres que sexa miss universo, e agora hai composteláns de bien anoxados porque o concello non fixo caso.

Estou vendo unha peli cos subtítulos postos (cada día máis xorda) e non me cadraba moito o audio co subtítulo, aparte de que a metade das expresións eran raras, e acabo de decatarme de que os subtítulos en inglés dunha peli orixinalmente en inglés son tradución automática dos subtítulos en castelán.

Entran pola porta, deixan as chaves na entrada, as bolsas da compra na cociña, collen o correo e póñense a estudalo mentres se sirven unha copa de viño en vez de, non sei, dar voltas pola casa co bolso colgando sen saber que ían facer ou sentar no váter a mirar o móbil coa cazadora aínda posta.

A IPC@ayqueverguenza.bsky.social · 2w ago

En vez de decir "joder, Juan, que me des la puta pistola" din "demonios Jack, suelta el jodido revólver".