Estábame lembrando disto. Hai tres días que Inés dixo que quería negociar co PP. Volveríao dicir hoxe? hehe
A que xoga Inés dicindo que vai negociar os orzamentos co PP (non vai facelo)? En serio ninguén no PSdeG lle vai chamar a atención en público? Como pode ser que o partido estea tan deslabazado?
Din no Telediario que a suba dos alugueiros volve estar en mans do que decidan os caseiros. Penso que non é así, que aplican os topes que había anteriormente pero acaba de entrarme un gran MEDO, PAVOR, PÁNICO...
Renfe presenta novos horarios no Eixo Atlántico e xusto me empeora nos que precisaba eu. Só unha frecuencia a partir das 21h entre Coruña e Santiago. Parece que só se pensa no funcionariado
Teño a sensación de que levamos anos encarando a recta final da remodelación dos Cantóns
🚧 O Concello encara a recta final da remodelación dos Cantóns 👉 Xa están rematadas actuacións como o tramo final do carril bici e a pavimentación do Cantón Pequeno, ademais do asfaltado completo ata a praza de Ourense por Sánchez Bregua ℹ️ https://i.gal/kblnn
Cambiaron en TVE o programa de Cintora por un especial informativo e que diferenza. Vese que houbo alguén con cabeza
Levo escoitando isto con cada deputado dese partido desde os comezos
Qué patético el Quero. Van a tener que inventarse a otro nuevo que “es muy inteligente y conecta con los trabajadores”
Pois mañá o Perro vai convocar eleccións e será no marco con máis mobilización da esquerda en varios anos. Impensable hai un par de semanas
Se este é o que defende os inquilinos xa non quero coñecer o que defende os propietarios
La Asociación de Inquilinos de A Coruña, ante la nueva regulación de la vivienda: 'Lo único que han provocado es que la gente no quiera alquilar'
A que xoga Inés dicindo que vai negociar os orzamentos co PP (non vai facelo)? En serio ninguén no PSdeG lle vai chamar a atención en público? Como pode ser que o partido estea tan deslabazado?
Escoitei nunha peza da TVG "tacsa" e "complecso". De verdade que nunca entendín onde se explicou que o x se pronunciaba así
Unha cousa que notei do último mes coa nova temporada é que eu antes escoitaba a SER todo o día e agora non me sae poñela
Pois xa vin La Bola Negra e si, todo o bo que se di é pouco. Lembrarase por moitos anos
OBVIAMENTE xa merquei entradas pra o crossover Grande Amore - Ataque Escampe. El partido de todos los tiempos
Imaxino que todo isto destes días derivará en eleccións anticipadas. E a esquerda ten un filón se sabe explotalo ben. Mellor agora que dentro duns meses, aínda que tamén é certo que o panorama cambia cada día
Hoxe fun ao hipermercado (ao Eroski) en sandalias e xa estaban colocados os turróns e os polvoróns
Agardo que o novo decreto de vivenda PROHIBA todas as redes sociais de inmobiliarias e os vídeos de tiktok de chavales de 25 anos en traxe encocados vendendo "oportunidades para invertir"
Eeeeeeeeeeeeeeepa Esta semana temos esta movida en Compos e vennos ben que veñades para que (1) o pasedes fenomenal e (2) poidamos facer máis cousas máis veces. Se é polo money non vos preocupar que hai un sorteíño activo ata o mércores no IG de Cultura e Mantel. Veeeeeeeeña que pasamos lista
Di a botella que merquei de suavizante que dura pra 100 lavados. Tamén hai quen cre que o PSOE vai solucionar o problema da vivenda
Que A Coruña siga sen ter un transporte público eficiente entre a cidade e a área metropolitano non se logra entender no ano 2026. E que os dous principais partidos sigan escorrendo o bulto da súa responsabilidade é moi aburrido
Los coruñeses que tardan 15 minutos o más para llegar a trabajo se hacen mayoría: son el dato más alto de las ciudades gallegas y la tendencia es negativa
Unha das medidas é bonificacións fiscais para os caseiros. Outra vez. O PSOE nunca se cansará de facer o ridículo...
La SER avanza las medidas que incluye el decreto que el Gobierno negocia para atajar la crisis de vivienda
Un experto en comunicación política comentou en Linkedin a gran cagada do spray de Ana de Bande. O primeiro comentario dicíalle que Linkedin non é unha rede pra falar de política. Esquecen que todo é política
A vergoña allea de que fagan ver que o Deportivo e o Penafiel son clubs irmáns de toda a vida xd