Javi

@javiramos.bsky.social

O mundo é como é e eu son como son xanela.substack.com

Acabo de atopar o verbo peñorar nun libro que estou a ler e non puiden evitar esmendrellarme coa risa porque me lembrou ao meme dos pingüinos

Bild

Eeeeeeeeeeeeeeepa Esta semana temos esta movida en Compos e vennos ben que veñades para que (1) o pasedes fenomenal e (2) poidamos facer máis cousas máis veces. Se é polo money non vos preocupar que hai un sorteíño activo ata o mércores no IG de Cultura e Mantel. Veeeeeeeeña que pasamos lista

Bild

A semana que vén estreamos as movidas de TREMOLO con estas dúas artistas en Compostela e se queredes (que igual non, eh, non pasa nada) que siga habendo eventiños a futuro precisamos algo de colaboración en asistencia e difusión. (Os grafismos tan chulos son, como non, cousa de Ana Moas)

BildBild

Pensando en que de hoxe nun mes estarei vendo ao Celta en Glasgow despois de ver aos Teenage Fanclub en Compostela quince días antes e dándolle voltas ao retorcidas que son as cousas ás veces

Hoxe no menú do día do Parlamento tiñan xarda. Dá para unha crónica política xeitosa, pero non teño nin o talento nin a gana nin a idea nin o tempo nin o espazo para facela, así que se alguén a saca adiante que me pase royalties a ver se me retiro dunha santa vez

Quedei de compartir por aquí o máis importante do que fósemos facendo co colectivo e… hoxe sacamos o cartaz do primeiro evento que programamos. Sofia e Eva Chloé (dj set) na Sala Fantástica. Unha dupla xenial para un proxecto que me fai moitísima ilusión e que ten moitas horiñas detrás del

Bild

como non se vai preocupar a peña por ceuta se o único que fai a xente desde hai uns anos é "preocuparse" por todo, sufrir por todo, ter medo por todo, empatizar con todo durando cada sentimento de indignación e tormento tres segundos aprox

Se a choqueirada é tan grande que non podemos evitar reaccionar, como é o caso, polo menos hai que ter o sangue frío de facer unha captura e non darlles o gusto de aumentarlles o clout, que despois aínda fardan cando lles toca dar conta no parlamento.

De Patricio Guzmán só podo dicir —non sen algo de vergonza— que unicamente lle vin 'El botón de nácar', pero pareceume unha cousa tan bonita, poética, ben escrita e, sobre todo, dolorosa que me creo calquera eloxio que lle fagades por excesivo que poida parecer

Vendo xogar a Julián Álvarez coma se fosen os vídeos dunha ex pronunciando no altar os votos da súa voda cunha nova parella (neste caso é a parella que xa tiña antes, pero enténdese o símil)

Bild

Quedei de compartir por aquí o máis importante do que fósemos facendo co colectivo e… hoxe sacamos o cartaz do primeiro evento que programamos. Sofia e Eva Chloé (dj set) na Sala Fantástica. Unha dupla xenial para un proxecto que me fai moitísima ilusión e que ten moitas horiñas detrás del

Bild

Deus me libre dar leccións a ninguén e seguramente son o primeiro que se equivoca habitualmente no seu choio, pero creo que esta aproximación a unha noticia é atrevida ata para a nota de prensa do partido

Bild

Hoxe fixemos Sara máis eu a primeira presentación pública da asociación que montamos para tentar aportar algo de diversidade e vida á escena de concertos aquí en Galicia e estou que me tremen as patas da ilusión que me fai todo e do medo a que saia mal e non responda nin de lonxe ás expectativas