BNG de Amoeiro

@bngamoeiro.bsky.social

Somos a xente do BNG do concello de Amoeiro Para falar connosco: bngamoeiro@gmail.com https://whatsapp.com/channel/0029Vak4m64A2pLFdKDczd3C

Lamentamos profundamente o pasamento de Xosé Manuel Beiras, figura fundamental da historia do nacionalismo galego contemporáneo e da propia historia do BNG, quen foi voceiro nacional e portavoz no Parlamento de Galiza durante dúas décadas. Que a terra lle sexa leve!!. 💙

Bild

Fronte ao pacto antigalego PP-PSOE que mantén o decreto da vergoña, síntome máis orgullosa que nunca de seguir do lado da nosa lingua e de todas as persoas que a queren e a defenden 🩵

BildBild

📢 O BNG Amoeiro estivo presente na mobilización celebrada esta maña en Ourense reivindicando o dereito a unha vivenda digna e asequíbel. Nin casas sen xente, nin xente sen casa. Por unha vida digna na Galiza!

BildBildBild

Solicitámoslle o Concello de Amoeiro que solucione as deficiencias no valado perimetral, vestiarios, iluminación, falta de cepillado do céspede e nunha das porterías que presenta o campo de fútbol da Penafita

Dende o BNG de Amoeiro queremos amosar as nosas condolencias polo pasamento de Xosé Maria Rodríguez (Chema), irmán do noso compañeiro Urbano (ex-Tenente Alcalde do Concello de Amoeiro). Que a terra che sexa leve.

Bild

Xa temos en reparto unha nova edición do Boletín Informativo no que presentamos a Agustin Gomez Boveda. El será o noso candidato para as vindeiras eleccións municipais que se celebrarán en maio de 2027.

Bild

Dende o BNG de Amoeiro esiximos a inmediata posta en marcha do servizo de transporte metropolitano extendendo as liñas dos buses urbanos de Ourense nos termos pactados o pasado mes de marzo e tamén que sexa financiado pola Xunta de Galiza, que ten as competencias de transporte.

Bild

Presentamos un escrito no rexistro do Concello de Amoeiro alertando do estado de abandono de parcelas próximas aa vivendas no lugar de O Burgo (Bóveda). Solicitamos que o concello reclame a súa limpeza ou no seu defecto actúe de oficio ante o evidente risco no caso de incendio.

BildBildBildBild

As novas resolucións do TSXG volven poñer en cuestión o modelo eólico do PP. Pero para que e para quen producimos enerxía? O PP aposta por un modelo extractivo. O BNG por un modelo galego: renovables con planificación, protección do territorio e beneficios para as familias e empresas galegas.

O BNG reclama cumprir os acordos para implantar o transporte metropolitano de Ourense e rexeita "volver ao punto de partida" Xosé Manuel Puga considera "inaceptable" que, tras dous anos de traballo, Deputación e Concello pretendan abandonar o consensuado alegando criterios económicos.

Bild

Solicitámoslle o Concello de Amoeiro que tome as medidas necesarias para evitar os riscos para a saúde pública que supón a fonte lavadoiro de Rouzós. Presenta un grave estado de abandono, suciedade e falta de mantemento xerando cheiros e proliferación de insectos pola auga estancada.

BildBildBildBild

O BNG reivindica en Amoeiro o legado de Otero Pedrayo como "unha defensa inquebrantable de Galiza". O acto contou coa presenza da voceira nacional Ana Pontón, do candidato a alcaldía Agustin Gomez Boveda e do responsable local Marcos Blanco.

BildBildBildBild

Presentamos un escrito perante o rexistro do Concello de Amoeiro no cal solicitamos se tomen as medidas necesarias para solventar o problema de acumulación de lixo fronte ao Pazo de San Damián.

BildBild

O BNG reivindica en Amoeiro o legado de Otero Pedrayo como "unha defensa inquebrantable de Galiza". O acto contou coa presenza da voceira nacional Ana Pontón, do candidato a alcaldía Agustin Gomez Boveda e do responsable local Marcos Blanco.

BildBildBildBild

🔷HOMENAXE A OTERO PEDRAYO. 🗓️ Sábado 23 de maio ás 19 h. Campo do Souto, Amoeiro. 🗣️INTERVIRÁN: Ana Pontón (Voceira Nacional) Agustín G. Bóveda (Candidato) Marcos Blanco (Responsable local) Rita Vázquez (Galiza Nova) Actuación musical e petiscos ao rematar o acto.

Bild

🔷HOMENAXE A OTERO PEDRAYO. 🗓️ Sábado 23 de maio ás 19 h. Campo do Souto, Amoeiro. 🗣️INTERVIRÁN: Ana Pontón (Voceira Nacional) Agustín G. Bóveda (Candidato) Marcos Blanco (Responsable local) Rita Vázquez (Galiza Nova) Actuación musical e petiscos ao rematar o acto.

Bild

Requerimos unha vez máis o Concello de Amoeiro a que inste á empresa responsable do mantemento da liña de teléfono e internet a subsanar as deficiencias na sustitución do cableado e esixa a retirada dos restos do anterior tendido a maior brevidade posible.

BildBildBild

Compañeiras do BNG de Amoeiro e de Coles participamos este #1deMaio en Ourense na mobilización da Confederación Intersindical Galega - CIG en defensa dos dereitos da clase traballadora, contra o imperialismo e a favor da paz. Fagámonos valer, Galiza merece máis! 💙

Bild

O BNG de Amoeiro denuncia o deterioro de postes de fibra óptica en Pazos e pide a súa reparación urxente Amoeiro. Alertan do perigo que pode supoñer para a veciñanza así como de posibles interrupcións no servizo de internet na zona. ourensexa.com/news/o-bng-d...

O BNG de Amoeiro denuncia o deterioro de postes de fibra óptica en Pazos e pide a súa reparación urxente

Alertan do perigo que pode supoñer para a veciñanza así como de posibles interrupcións no servizo de internet na zona

ourensexa.com