o Carlos Callón

@carloscallon.bsky.social

Os meus últimos libros son “Maxicamente vella, eternamente nova: a literatura tradicional galega” e “O amor, o odio e a ignorancia”.

Cada libro comeza a súa verdadeira vida cando chega ás mans das lectoras e dos lectores. “O amor, o odio e a ignorancia” xa anda ao solleiro e á fresca. Hoxe continuamos coa conversa: ás 13h nunha entrevista na Radio Coruña da SER e, ás 19h, nun acto aberto na Feira do Libro da Coruña.

Saíu no Faro hai uns anos. Unha andaluza aprendeu galego mais viu como llo prohibían no traballo. Eu teño escoitado moitos casos de abusos contra o galego en certas empresas. As traballadoras poucas veces se atreven a denuncialo porque non teñen apoio institucional. Até cando?

Bild

Nun día coma hoxe de 1961 o Seminario de Santiago propuña unha penitencia de media xornada de cilicio por cada vez que se falar en galego. Por séculos, os seminarios diocesanos foron moi crueis, tamén fisicamente, para tentaren extirpar o galego.

Bild

Moi agradecido polo premio Rosalía de Castro 2026, e en tan lindísima compañía! Un dos mellores xeitos de honrar Rosalía é ter ambición de futuro para o galego. O día da entrega quero vervos e que falemos de desexo e horizontes ♥️🩵

BildBildBild