Xerais

@xerais.bsky.social

#Xerais (Desde 1979) Editora en lingua galega. Facendo historia(s).

Esta obra reconstrúe as claves do debate lingüístico recente dende a propia mirada crítica do autor, que defende a necesidade de políticas compensatorias para o galego que revertan á súa situación de desigualdade nun momento tan crítico para o idioma como o actual.

BildBild

«Sacrificáronse por min. O océano estaba furioso aquela noite, precisaba segar vidas. Eles caeron antes ca min e o mar acougou así a súa sede de morte». "Onde bate o mar" de Raquel Fernández.

Bild

«Por que me dedico a isto? Boa pregunta. (…) Porque se cadra tamén me salvo un pouco a min mesma. E porque, vaia por diante, ás veces as visitas non son só para eles: son para min tamén. E para ti, se decides quedar». "Nós, os tolos" de Tania Castelo.

Bild

A volta á rutina sempre é un pouco máis doada cun bo libro.📖 Se os pequenos e as pequenas da casa xa están preparando o regreso ás aulas, aquí tedes libros perfectos para comezar o novo curso con moitas ganas de ler📏✏️🖌️

BildBildBildBild

«Pero volvamos a ti, ao teu corpo espido que se achega, a min que desespero, que rebento. Que vai pasar con nós cando isto acabe, cando ti cos teus dedos me sinales de sur a norte coma quen sacrifica?» "Trece maneiras de mirar un almanaque" de X. L Mosquera.

Bild

«Que felices eramos contándonos, ocultándonos nas sombras, sendo celosos da nosa intimidade. O meu mundo facíano moitos amigos. Algúns apenas son nomes agora, nomes cos que dicilos». "Ventre de madeira" de José Carou.

Bild

«Así é como se arranxa todo. As pantasmas da Casa Grande deixarán de ser espectros que enfeitizan os vivos e converteranse en memoria». "A Casa Grande" de Olaia Sendón.

Bild

Estas son algunhas das impresións dos lectorxs de "A parte fácil". Ademais, o relato «A lebre», incluído nesta obra, foi distinguido co prestixioso Premio O. Henry 2026, convertendo a Ismael Ramos no primeiro autor do Estado español en recibir este recoñecemento. @ismaelramosc.bsky.social

BildBild

«O faro, este mundo extraodinario que algún día amei, había alumear as miñas últimas horas rodeado de bestas bravas, o océano e os toxos». "A noite das cebolas" de Rosa Aneiros.

Bild

📖 "As fronteiras de verdade son aquelas que manteñen aos pobres apartados do pastel". Esta frase, tan punzante aínda a día de hoxe, advirte a quen le do tipo de libro que ten nas mans Debullamos 'O lapis do carpinteiro' con Manuel Rivas @xerais.bsky.social

'O lapis do carpinteiro' e a forza do afecto - Praza Pública

"Quixen que a historia comezara no presente porque xustamente é a maneira na que quería enfocar esa Memoria do que pasou e que segue a afectar a unhas persoas no momento no que se conta a súa…

praza.gal

Este verán tamén hai tempo para a poesía.☀️ Se vos apatece ler novas voces ou reencontrarvos con este xénero, aquí tedes 5 poemarios que son unha moi boa opción📖

«As consecuencias do acto xa as tes metidas entre as capas da túa pel e, por moito que te metas baixo a auga e que tentes eliminalo, unha parte de ti vai quedar impregnada desa palabra. O primeiro era asumir a palabra». "Goma de borrar" de Valeria G. Caneda.

Bild