Para min, a rentrée empeza en Ourense. E que gana de estar con vós en Eixo! ✨
Cecilia F. Santomé
@ceciliafsantome.bsky.social
▪️ Leo máis que escribo. Última novela: 'As despedidas' (Xerais) ▪️ Fun editora da revista Coolt ▪️ Levo dentro unha xardineira inglesa
ENTREVISTA | @ceciliafsantome.bsky.social: "Esta novela é o meu gabinete particular de curiosidades" 📚'Boundaries Road' @xerais.bsky.social recibiu o XLIV Premio Blanco-Amor de Novela praza.gal/cultura/esta...
"Esta novela é o meu gabinete particular de curiosidades" - Praza Pública
Cecilia F. Santomé sorpréndenos con Boundaries Road (Xerais, 2026), a novela coa que gañou o XLIV Premio Blanco-Amor, e coa que volve transitar as crises de identidade, a soidade e a gran tea de…
praza.gal
📚 Cecilia F. Santomé: "Precisaba recuperar determinadas sensacións, igual que ás veces se di de deportistas que saen dunha lesión; pois a miña lesión era doutra natureza, non física, pero necesitaba sentar a escribir e realmente divertirme"
"Esta novela é o meu gabinete particular de curiosidades" - Praza Pública
Cecilia F. Santomé sorpréndenos con Boundaries Road (Xerais, 2026), a novela coa que gañou o XLIV Premio Blanco-Amor, e coa que volve transitar as crises de identidade, a soidade e a gran tea de…
praza.gal
Non sempre é necesario coller un avión para viaxar, ás veces chega con abrir un libro 📖 Viaxamos?😊 @antoniomfraga.bsky.social @ceciliafsantome.bsky.social e Xabier Quiroga.
Velaquí algunhas (unhas poucas) lecturas que influíron a escritura de {Boundaries Road}, a miña última novela:
Este sábado, presentamos {Boundaries Road} na @libreriatrama.bsky.social. Sería xenial vervos alí, contar co voso alento.
«Malia ser un tanto aparatoso, o mellor termo que atopo para definir esta novela é 'instalación narrativa'». Así define Iago Fernández {Boundaries Road}: farodevigo.es/faro-cultura... Cc @xerais.bsky.social
Libros destacados da semana
Iago Fernández Malia ser un tanto aparatoso, o mellor termo que atopo para definir esta novela é «instalación narrativa» . Empregouno unha vez o crítico Ignacio Echevarría para falar de Un verdor terr...
farodevigo.es
📰Cecilia F. Santomé (@ceciliafsantome.bsky.social) fala de Boundaries road, a obra coa que acadou o Premio Blanco Amor de Novela: "Boundaries Road escapa das etiquetas e funciona como unha historia feita de historias" www.nosdiario.gal/articulo/cul...
Cecilia F. Santomé, escritora: "Boundaries Road escapa das etiquetas e funciona como unha historia feita de historias"
Cecilia F. Santomé (Vilalba, 1984) explora novas formas narrativas en Boundaries Road (Xerais, 2026), unha novela que nace da vontade de revisitar a súa prim...
nosdiario.gal
«Finxín que abandonaba o meu propósito como se deixa un poema inacabado no fondo dun caixón, dobrado de xeito que os versos quedan á vista...» "Boundaries Road" de @ceciliafsantome.bsky.social
Unha novela sensorial e exuberante sobre o baleiro e a alienación urbana, sobre os lugares que ocupamos e nos ocupan, sobre as múltiples capas que agocha a pel humana. @ceciliafsantome.bsky.social
DÍA 11: Ás veces os libros son o refuxio que precisamos cando queremos atopar acougo. Recomendámosvos estas lecturas que son un lugar seguro.🏠 En que libro buscades acougo cando o precisades?📚 #LecturasdeNadalconXerais Rosa Aneiros e @ceciliafsantome.bsky.social
Para celebrar a 3ª reimpresión, deixei algún ramiño máis das miñas <Flores ornamentais> na @libreriatrama.bsky.social. Oxalá prendan nas vosas casas!
😉
Mañá é mércores 14 de maio na Feira do Libro de Lugo e @ceciliafsantome.bsky.social mais eu estaremos conversando sobre #cartasnaescuridade (de #Cuartodeinverno), Premio Follas Novas 2025 á mellor obra de literatura xuvenil. Se viñésedes era guai, era ben. Xaora, soña o cocho co farelo!💜🌿
Vémonos? 🎉
Atención, porque o circuíto das feiras non para e mañá comeza a #FeiradoLibro de Lugo, na Praza Maior. Que emoción! 💙📘📘📘 Abrimos ás 17h e deixamos por aquí o programa, incluíndo o pregón inaugural a cargo da esritora Cecilia F. Santomé. Ven ver florecer os libros na cidade! #ondeflorecenoslibros
A miña semana de paixón, versión literaria: Encontro a carón dos libros na libraría Bahía (Foz) e presentación na libraría Paz (Pontevedra) canda a @raquelcpico.bsky.social. Oxalá vervos 🌿
Moi pronto, en Pontevedra. Con @raquelcpico.bsky.social e á hora do vermú, eu diría que é un plan redondo!
É bonito que alguén colla un texto teu e o lea, o faga seu e o poña patas arriba. É bonito, pois significa que está vivo.
Moi pronto, @belamistura.bsky.social e mais eu conversaremos do mortal e do humano nun dos meus sitios favoritos. Felicità! (Si, esta conta está quedando algo monotemática. Prometo traballar por diversificala 🤥).