Lois Pérez

@loisperez.bsky.social

Mestre, escritor e contador de historias. Estamos, como Alberti, confusos: non sabemos se rascar o reloxo ou darlle corda ao cu. https://www.xerais.gal/libro/narrativa/hoxe-toca-leiva-lois-perez-9788411108201/

Agradecido á Uxía e ao Carlos Blanco polo cariño coa novela e comigo, a Julián Maeso cun concerto espectacular, todo o público, a Mercedes Peón, Andrea Nunes, Janet Novás, a Allegue dende San Vicente, Jorge, Laura e as amigas de Vigo... por unha noitiña marabillosa na Illa. #hoxetocaleiva

Cuando todos nos botábamos las manos a la cabeza porque "Rafa" Louzán pagase dos veces por las obras en un campo de fútbol de Ribadumia, el destino estaba tejiendo la compleja maquinaria del azar que habería llevarlo a la gloria. Aprender, carallo!

«Da vara e mais da besta», recital de poesía, música, narración oral e humor. Grazas ao Concello Do Barco, Teatro Municipal Lauro Olmo e ao Ciclo De Perto. Agradecido ao público que hoxe martes me acompañou en severa competencia (!) ás 21 h. 💜🇵🇸 📸 Alba Díaz

BildBildBild

Hoxe ás 21,15 h. vou á Festa dos Libros de Pontevedra a conversar sobre «Hoxe toca Leiva?» coa @teresacuinas.bsky.social e canda Fernando Fernández Rego, autor de «Andrés do Barro, a xénese do pop galego». Faime moita ilusión pensar que non seremos máis no escenario que no público. Vinde!💜

BildBild

Cabreira, Salvaterra de Miño, Entreverbas 2026. Recital canda Branca Trigo e Maite Dono. Que xente a de Salvaterra. Afectuosa, cálida, atenta e comprometida. Que marabilla de festival.💜 Grazas ás librarías tamén.

BildBildBildBild