@obarreiro.bsky.social

Sempre me fixo graza o nome de Telegaita porque non hai nada máis lonxe da realidade: a tele pública non fixo nada (agás dignísimas excepcións como Alalá) por dignificar a música tradicional ou a propia. Hoxe é máis TeleParísdeNoia ou TelePaquirrín que outra cousa

Para o relatiño queda fabuloso contar que o eólico está paralizado polos malvados ecoloxistas e quen lles fai caso hai catro días e xa. Pero a #parálisi gorda veu de onde veu, pagouna quen a pagou e aplaudiuna quen a aplaudiu. Pero a quen lle importa a memoria, claro.

Seica volve estar de moda falar de "radicais" para criticar -o que é lícito, só faltaba- manifestacións que non gustan. A respecto do idioma, non lembro outra máis radical que a do 8F do 2009, porque a esixencia era dinamitar consensos e avances básicos da historia da autonomía.

💶🚸🎒A Xunta devolverá ao Estado 22 millóns de fondos europeos para novas prazas de escolas infantís. Política Social comunica ao Ministerio de Educación que prevé reintegrar máis do 60% dos 34,9 milóns que recibiu para crear ata 3.417 novas prazas de educación infantil de 0 a 3 anos

A Xunta devolverá ao Estado 22 millóns de fondos europeos para novas prazas de escolas infantís - Praza Pública

Política Social comunica ao Ministerio de Educación que prevé reintegrar máis do 60% dos 34,9 milóns que recibiu para crear ata 3.417 novas prazas de educación infantil de 0 a 3 anos. O PSdeG observa ...

praza.gal

Castelao foi dar un mitin a Tomiño en outubro de 1932, xusto despois de ser electo deputado. O público púxose a aplaudir e o que aconteceu despois sorprenderavos:

Artigo de Daniel Calzado en ‘Opinión Gallega’; Buenos Aires, Xan-Feb 1962.