Estiven esta fin de semana escoitando bastante a Los Suaves e paréceme curioso que Yosi sexa considerado un gran letrista, mesmo un poeta, cando iso é o que peor fai. O que é é un intérprete boísimo, capaz de conseguir darlle carácter a letras charramangueiras de todo.
Daniel Ugarte
@condedecotobade.bsky.social
Galego en Bruxelas. Autor de O coala e Dezanove comunas e un aeroporto.
A ver se @ayqueverguenza.bsky.social ou alguén que saiba de cousas de ciencia me ilumina. O do termalismo ten algún efecto positivo sobre o corpo alén de saír contento e relaxado?
Pois foron unha cerimonia e unha cea moi divertidos. Espero que co Trevo consigamos facer "comunidade de afectos".
Premio Trevo 2026 🍀 O pasado 24 de xullo, entregamos o prato á gañadora desta edición, Loli Rodríguez, e falamos de ¨Nailía¨ en Río Lagares - Tenda Cultural. Puxemos o colofón á colleita do 2025 e xa estamos traballando para o ano que vén! Vémonos nas librarías! ✨
Pensaba que SELIC era o acrónimo de "Semana da Literatura de Compostela", pero vexo que o "LI" non é de "literatura" senón de "libro". Bastante dacordo.
Loli Rodríguez , gañadora do @premiotrevo.bsky.social dialoga con @outrocaneiro.bsky.social e @condedecotobade.bsky.social . En Vigo, no Espazo Río Lagares.
Hoxe é o día no que máis visitantes poden vir a Santiago, ateigar o casco vello, facer ruído, molestar os/as locais, comer o bocadillo que traen da casa e marchar sen deixar un peso na cidade, sen que nos pareza mal. Feliz Día da Patria a todas!
Non me cansarei de recomendar este novela. Se estades en Vigo este venres 24, achegádevos ao Río Lagares a escoitar á súa autora.
Temos veredicto do xurado! 🥁 A obra gañadora da II Edición do Premio Trevo de narrativa en galego 2026 é "Nailía" de Loli Rodríguez Rodríguez (@galaxiaeditorial.bsky.social). 🔗Veredicto: www.instagram.com/p/DbBsoELDsQ... Noraboa! 🍀
Moito se fala da relación de Feijoo con Marcial Dorado e que pouco se fala, mesmo en época mundialista, da relación de Louzán con Nené Barral.
Veña, pois vai o meu prognóstico para a final do mundial. España 4- Arxentina 0. Os arxentinos acaban xogando con 9.
Que ben envelleceu "Suavemente" de Elvis Crespo! Segue a ser un temazo.
Cando planifiquedes as vosas fins de semana, tede presente que levar os vosos fillos ver animatronics de dinosauros en nada contribúe á construción nacional.
Tes algún destes títulos na túa lista de lecturas pendentes? 🧐 Agarda un pouquiño, que axiña poderás lelos en galego! ⬇️
Por unha vez e sen que sirva de precedente, voulle dar a razón aos lugueses/as. O que me servirón hoxe non era zorza, era sal con algo de carne de porco.
Unha cousiña. En Galicia non se usan estes elevadores nas mudanzas? Porque a unha amiga de visita en Bruxelas lle chamaron moito a atención e para min son parte da paisaxe cotiá.
Lendo "Até que os mares sequen" de @magago.bsky.social aprendo que "Chester" significa "castro". E de súpeto ten todo o sentido o que me contara o meu primo, antigo traballador de Philip Morris, de que o 80% da facturación de Chesterfield en España viña de Galicia #eravisto.
Para que a academia non pase traballiños, xa lles fago eu a lista de homenaxeados/as das letras galegas dos vindeiros anos. 2027- Neira Vilas 2028- María do C. Kruckenberg 2029-Agustín Fdez Paz 2030- Xohana Torres 2031-Camilo Gonsar 2032- Luz Pozo Garza 2033- D.X Cabana 2034- Xabier Docampo
E así queda inaugurado oficialmente o Ano Neira Vilas.
Una empresa de León ha donado 40 Toneladas de legumbres en conserva. Vamos a enviarlas a La Habana en las próximas semanas. Necesitamos apoyo para pagar el flete de dos contenedores. Manda un Bizum al número de donaciones 06944 10€ permiten el envío de 40 frascos, 120 raciones. Cuba no está Sola
Hoxe soñei que atopaba a Paul Auster traballando de recepcionista no hotel no que me hospedaba. Díxenlle: A ver, Paul Auster, recoméndame algún libro da biblioteca do hotel. Non necesariamente un dos teus. Moi amablemente, Paul Auster recomendoume algo chamado Woodland.
Agás no talento para o baloncesto, cuspidiño a Dino Radja.
Levaba 15 minutos cocendo auga con sal. Espero non terme pasado de punto.
2/15 Premio Trevo 26 🍀 🌴Tamarindo, Xavier Queipo O xurado dixit 🎩: "Unha aventura no mar Caribe? A cabeza levarate a unha historia de piratas, sexo, barcos e ron. Adaptado á actualidade, atopamos un libro abafante coma o trópico, narrado co pulso firme dun autor consagrado"
II Edición Premio Trevo 🍀 📚Publícanse as 15 obras finalistas do premio Trevo 2026 á obra narrativa escrita en galego entre as publicadas en 2025 O xurado está a deliberar 🎩
1/15 Premio Trevo 2026 🍀 🌊 O emisario submarino, Félix Longueira En palabras do noso xurado 🎩: "É unha colección de relatos narrados con sinxeleza, na que se emprega unha linguaxe coidada e que prioriza a creación dunha atmósfera literaria sobre o efectismo de buscar desenlaces sorpresivos"
Comento por wasap que o xogador que marcou onte os goles de Alemaña foi pichichi da liga belga coa Union Saint-gilloise. Unhas horas despois, o rinodicionario: Non sabemos a sorte que temos de que @mbarcia.bsky.social nos regalase esta ferramenta!
Recomezamos nesta segunda edición. Hai moita obra boa entre a que escoller.
II Edición Premio Trevo 🍀 📚Publícanse as 15 obras finalistas do premio Trevo 2026 á obra narrativa escrita en galego entre as publicadas en 2025 O xurado está a deliberar 🎩
Acabo de facer unha cousa que cría que xa non existía: Axudei unha vella a cruzar a rúa! Quero o meu vale por un pedal da bicicleta!
Pregunta lectora. Ordena de máis cara a máis barata as entradas para ver as presentacións das seguintes autoras (en Bruxelas): - Emmanuel Carrere, - Chimamamanda Ngozi Adichie, - Maggie O´Farrell, - Zadie Smith, - Georgi Gospodinov.
Que vou dicir! Un millón de grazas a @cequelinhos.bsky.social por un texto tan fermoso sobre o noso trevo.
@biosbardia.bsky.social sobre 'O trevo de catro follas', de @condedecotobade.bsky.social e María Duro Mansilla: biosbardia.org/o-trevo-de-c...