O vindeiro venres, 24 de outubro ás 17.30 saímos da Biblioteca Ánxel Casal nun roteiro que terei o pracer de conducir: “A mitoloxía agachada: os relatos das orixes nos escudos de Compostela". Unha exploración de como a fidalguía galega inventou un pasado mítico.
Jesús Torres
@jetojun.bsky.social
Bibliotecario. Director da Biblioteca Pública Ánxel Casal https://bibliotecas.xunta.gal/santiago/es/
Nas #bibliotecas públicas defendemos o dereito á liberdade a ler e posicionámonos contra a #censura Nesta infografía realizada polas compañeiras e compañeiros do Consejo de Cooperación Bibliotecaria resúmese o que significa a censura nas bibliotecas e as ferramentas que empregamos para combatila 💪
Hai un negocio na queima dos montes; o resto son contos. Volve Pedro Feijoo cun librazo. #Ondenacenasbestas
📢 Estreamos sección de Fanzines na biblioteca! A Biblioteca Pública Ánxel Casal amplía o seu fondo coa incorporación dunha nova sección dedicada aos fanzines, publicacións independentes e autoeditadas que reflicten a creatividade máis libre e diversa. bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...
Palacios del pueblo, wikipedias, bibliotecas y archivos: la cultura libre y gratuita que busca salirse del mercado www.eldiario.es/1_ba8475?utm...
Palacios del pueblo, wikipedias, bibliotecas y archivos: la cultura libre y gratuita que busca salirse del mercado
Frente a la privatización y la desigualdad estructural en el acceso a la cultura resisten las bibliotecas y otros recursos públicos, que no solo ofrecen libros y películas sino espacios de socializaci...
eldiario.es
Os versos, a música e os nomes íntimos de Lucia Aldao e Samuel Merino ateigaron o noso salón de actos na celebración do #DiadaPoesía
Mañá 21 de marzo é o Día da Poesía. Para celebralo preparamos 2 espectáculos e 4 mostras bibliográficas: acortar.link/eXp8K4 O prato forte será o recital poético-musical da man de Lucía Aldao e Samuel Merino "Os nomes íntimos" mañá venres ás 19h: bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...
Tomás Guerrero é fabuloso. A segunda tira pola esquerda corresponde a “A Compañía Clandestina de Contrapublicidade” BD na que estamos traballando xuntos. A da dereita a “Os suicidantes” de @diegoameixeiras.bsky.social que vos recomendo moito (@xerais.bsky.social). Desexando escoitalo.
O vindeiro luns 17 as 18.30h celebramos o Día do Cómic coa charla-obradoiro “A linguaxe do cómic, existe?” a cargo do historietista e ilustrador Tomás Guerrero que falará do seu estilo e traxectoria, da linguaxe do cómic e dos elementos que considera necesarios nunha composición.
Anotade na axenda as celebracións que temos no que resta do mes de marzo! 💥17 de Marzo ás 18:30. Celebramos o Día do Cómic coa charla-obradoiro de Tomás Guerrero: A linguaxe do cómic, existe? bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...
👭Mara e a súa avoa Lola pasan moito tempo xuntas e gozan de ler, escribir e contar diferentes relatos. Falando coa avoa descubre a vida doutras mulleres que cambiaron a historia e isto cambia a visión da nena e o futuro da súa boneca. Mañá Aida Cobas na Choiva de contos!
💌Deixámosvos por aquí o boletín coas actividades dun mes de marzo no que celebraremos o Día do Cómic, o Día da Narración Oral, o Día da Poesía, o Día do Teatro e o 17º aniversario da nosa biblioteca! bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...
an illustration of a blue dog holding an envelope
ALT: an illustration of a blue dog holding an envelope
media.tenor.com
👩💻 Temos dúas prazas vacantes no grupo dos xoves da Aula tecnolóxica de maiores, un obradoiro de introdución ás novas tecnoloxías para persoas maiores de 55 anos, que se desenvolve en horario de 16:30 a 18h. ☎️Inscricións no 881999401 Toda a info: bibliotecas.xunta.gal/santiago/gl/...
‼️Planazo para hoxe!! Non perdades a oportunidade de aprender a crear o voso cómic autobiográfico no obradoiro "Atopar a inspiración no cotiá" da man da gran Pepa Prieto Puy hoxe ás 18:30! 📌Dirixido a persoas adultas. 20 prazas bibliotecas.xunta.gal/santiago/gl/... #DíadaIlustración
Merecedes 365 Días do usuario/a e seguiremos traballando para que sexa así. Mil millóns de grazas pola vosa resposta! #díadousuario #MamáCabra
🫧Poñemos hoxe fin ao ciclo Choiva de contos de Nadal co grandísimo Celso Fernández Sanmartín e A vida que burbulla ao noso arredor, unha fermosa contada sobre inverno e o novo ano que comeza. Ás 12h no Salón de actos. bibliotecas.xunta.gal/santiago/gl/...
Ás 18:30 Obradoiro de cerámica para nenas e nenos de 6 a 13 anos no que explicaremos de maneira sinxela a evolución das técnicas e decoracións na cerámica prehistórica e elaboraremos unha peza utilizando a técnica máis antiga coñecida: a técnica de churros. bibliotecas.xunta.gal/santiago/gl/...
E pola tarde, obradoiro no que fabricaremos xoguetes reciclados con materiais comúns que nun principio parecerían descartables. bibliotecas.xunta.gal/santiago/gl/... Ás 18:30 no salón de actos!
📢Hoxe comeza a Choiva de contos de Nadal! Todos os días ata o 4 de xaneiro teremos un espectáculo ás 12h no salón de actos nos que contaremos coas mellores contadoras e contadores da escena galega! Comezamos con O paxariño da miña xanela a cargo de ANIMAR-T! bibliotecas.xunta.gal/santiago/gl/...
Luz y libros para reclamar que nuestros gobernantes cuiden de las bibliotecas públicas. El detonante fue la decisión de cerrar la Biblioteca de Aragón varias tardes cada semana.
Di @magago.bsky.social que o roteiro "Libros venerados en venerables bibliotecas" que fixemos para celebrar o #Díadaedición foi "unha viaxe moi especial por un fermoso patrimonio de libros visionarios, censuras pudorosas, dedicatorias pícaras, despedidas asinadas, combates de papel."
Que tal se repasamos as actividades da semana pasada na biblio para facervos ganas das que están por vir? 👑Obradoiro "A orixe de Compostela e a lenda da raíña Lupa" 🪡 Obradoiro de bordado básico con Lúa Mosquetera 🖨️Obradoiro Imprenta tipográfica creativa para celebrar o Día da edición
Pensaches algunha vez que non era posible ter circo na túa biblio? Pois a compañía Dani Blanco, con 20 anos de experiencia, vaiche traer o mellor circo de malabares con pelotas, libros, números imposibles, equilibrios, clown, música e moito máis! bibliotecas.xunta.gal/santiago/gl/ac…
A partir de agora compartirei un resumo das miñas viaxes en #FindPenguins. Paréceme Unha ferramenta super chula! Velaí vai a primeira: Alsacia e Selva Negra. findpenguins.com/1xc6tlaemha5...
Alsacia e Selva negra | FindPenguins
Escapada de 4 días desde Estrasburgo ata Basilea, baixando pola Alsacia e subindo pola Selva negra
findpenguins.com
Publicada a Resolución pola que se abre o prazo de inscrición no catálogo Ler conta moito 2025 de actividades de dinamización da lectura. O prazo para inscribirse remata o 20 de xaneiro rbgalicia.xunta.gal/gl/novas/ler...
Ler conta moito 2025 | Rede de Bibliotecas de Galicia
Publicada a Resolución pola que se abre o prazo de inscrición no catálogo Ler conta moito 2025 de actividades de dinamización da lectura
rbgalicia.xunta.gal
🧦Que pode saír dun calcetín vello, dunha luva ou dun retallo de feltro? Pois dándolle un pouco á cabeza poderemos dar vida a diferentes personaxes!! Poñerlle cara, pelo, vestilos, darlle nome e... se dese tempo, poderiamos crear un conto en pequenos grupos. bibliotecas.xunta.gal/santiago/gl/...
Hoxe Manolo Rivas contounos O lapis do carpinteiro no Salón Teatro de Compostela na gravación de Un libro Unha hora ❤️