Moisés Barcia

@mbarcia.bsky.social

Tradutor e editor galego

A palabra “necio” vén do latín “ne scius” (“o que non sabe”). No s. XIII en Inglaterra empezoulles a parecer que non saber era riquiño, e nescius converteuse en nice co significado actual. E tamén hoxe aquí parece que algúns consideran riquiño non saber, e mesmo se gaban.

Coñecedes o uso de “so” en expresións do castelán como “so idiota” ou “so burro”? Pois procede de “señor”, exactamente igual có portugués “seu” en “seu idiota” ou “seu burro”. En galego temos outras fórmulas distintas.

Bild

Sabedes que “plana” é unha páxina dun xornal ou doutra cousa, verdade? Pois “plana maior” é a lista de oficiais dun batallón ou rexemento (e “plana menor”, a do persoal subalterno), que por extensión pasou a designar calquera cúpula directiva.

No século XV os husitas inventaron en Bohemia un canón chamado houfnice. Os alemáns oíron esa palabra checa e escribírona como Haubitze. Os franceses viron a palabra alemá escrita e lérona á súa maneira: obus. Os españois e portugueses viron a francesa e tamén a leron ó seu xeito: obús.

Bild

II Edición Premio Trevo 🍀 📚Publícanse as 15 obras finalistas do premio Trevo 2026 á obra narrativa escrita en galego entre as publicadas en 2025 O xurado está a deliberar 🎩

Bild

Unha característica que comparten boa parte das aplicacións de software libre e as desenvolvidas pola Administración Xeral do Estado é a de teren unha interface confusa e pouco amigable. Non teñen a motivación de faceren un produto atractivo dabondo para que alguén o compre.