Mario Caneiro

@outrocaneiro.bsky.social

Xuntaletras, escritor no mellor dos casos e segundo para quen.

Premio Trevo 2026 🍀 O pasado 24 de xullo, entregamos o prato á gañadora desta edición, Loli Rodríguez, e falamos de ¨Nailía¨ en Río Lagares - Tenda Cultural. Puxemos o colofón á colleita do 2025 e xa estamos traballando para o ano que vén! Vémonos nas librarías! ✨

BildBild

–Ah! Velaí os están! –dixo Stepán Arkádich cara ao final da comida, inclinándose sobre o respaldo da cadeira e estendendo a man cara a Vronski, que se lle achegaba acompañado dun alto coronel da garda. No rostro de Vronski reflectíase tamén a ledicia xeral do club.

Bild

14/15 Premio Trevo 2026 🍀 🕸️Punto de araña, Nerea Pallares 🎩 O noso xurado dixit: "Un debut novelesco que mestura con afouteza o experimental na forma e o telúrico nunha temática que trae ao século XXI as artes femininas e feministas".

BildBild

11/15 Premio Trevo 2026 🔪 O lanzador de coitelos, Fernando Castro Paredes 🎩 En palabras do noso xurado: "Un exercicio de hibridación de xéneros (do thriller á novela histórica) marcado por un estilo aquelado e por un xogo de espellos entre autor, narrador e personaxe".

BildBild

10/15 Premio Trevo 2026 🍀 🧊 Ensaios sobre o efémero, Vitor Vaqueiro 🎩 En palabras do noso xurado: "Literatura mosaico, onde en minirelatos de prosa precisa e depurada, xoga o autor, con elegancia á sutileza, ao humor, ao paradoxo, enchendo a boca de innumerables matices."

BildBild

6/15 Premio Trevo 2026 🍀 💬 As palabras de Morfeo, Ramón Beltrán 🎩 En palabras do noso xurado: "Ao fío dun misterio relacionado cunha lingua minoritaria, esta novela conta unha historia que cae no gume exacto entre o verosímil e o extraordinario"

BildBild

5/15 Premio Trevo 2026 🍀 🤿 As augas interiores, Blanca Riestra 🎩 En palabras do noso xurado: "As augas interiores comeza como unha novela de viaxes e deriva cara ao thriller psicolóxico. É sobre todo unha novela na que o que pasa dentro é máis importante que o de fóra"

BildBild

3/15 Premio Trevo 26 🍀 ⛺️ Ventre de madeira, José Carou 🎩 En palabras do noso xurado: "Nunha Compostela sempre presente, Carou constrúe, a base de lembranzas de xuventude, un suxestivo refuxio"

BildBild

2/15 Premio Trevo 26 🍀 🌴Tamarindo, Xavier Queipo O xurado dixit 🎩: "Unha aventura no mar Caribe? A cabeza levarate a unha historia de piratas, sexo, barcos e ron. Adaptado á actualidade, atopamos un libro abafante coma o trópico, narrado co pulso firme dun autor consagrado"

BildBild

1/15 Premio Trevo 2026 🍀 🌊 O emisario submarino, Félix Longueira En palabras do noso xurado 🎩: "É unha colección de relatos narrados con sinxeleza, na que se emprega unha linguaxe coidada e que prioriza a creación dunha atmósfera literaria sobre o efectismo de buscar desenlaces sorpresivos"

BildBild

II Edición Premio Trevo 🍀 📚Publícanse as 15 obras finalistas do premio Trevo 2026 á obra narrativa escrita en galego entre as publicadas en 2025 O xurado está a deliberar 🎩

Bild

Téñolle un cariño especial a Emparellados, porque aínda que non foi o primeiro en publicarse, si en escribirse, foi na maioría dos seus contos onde me permitín pensar que vaia, que ao mellor si, que non me daba moita vergonza reler o escrito

Bild

Sobre os efectos secundarios da miña obra, falouse o outro día nun Ínfimo xantar en Larouco (si, existe). Non descartamos, en próximas publicacións acompañalas dun prospecto e un manual de uso. Metres tanto grazas Amador.

O Amador 🏴‍☠️ 🇯🇴@oamador.bsky.social · 2mo ago

Pois eu sigo eiquí, co meu tratamento de sol e auga de mar. Escribir non cura unha m3rd4, pero ler literatura da BOA pódeche curar o espírito (ou estragalo de todo, xa veremos 🤤).

Portada do libro "pusilánime" de Mario Caneiro cun fondo de praia

novo libro, que nervios! agora con máis eucalipto! máis uralita! máis ketamina e festas de melide! máis xubilados violentos, masculinidades desfeitas, rirse co incorrecto e chorar por calquera cousa!

Edicións Morgante@morganteedicions.bsky.social · 2mo ago

Xa nas librarías: 'Un John Deere envorcado na cuneta', de Fran Ferreiro Chao-Abella. @franferreirochao.bsky.social Se tivésemos que mandar unha sonda Voyager cun libro que lles explicase Galicia aos extraterrestres ben podería ser este. rinoceronte.gal/morgante/pro...

De A vexetariana ademais do obvio, a violencia estrutural e patriarcal na que se desenvolve, para min o seu mérito, sobre o que pivotan os dous últimos terzos, é o dilema entre a decisión da irmá dunha curación dentro do moral ou a felicidade aínda que esta veña da tolemia e dun evidente abuso.

Bild